Imprimir

Os premios de Milar e BB pechan o curso do Álbum de Cromos do Fútbol Base da Costa

FútbolQPC | 24 de xullo de 2020

Milar Cee e Tenda BB Muros enviaron os seus premios a Laxe
Milar Cee e Tenda BB Muros enviaron os seus premios a Laxe

Aló polo mes de setembro de 2019 comezabamos o proxecto do álbum de cromos do Fútbol Base da Costa. Unha nova iniciativa pioneira do equipo de QPC, única en Galicia, que nos permite seguir vertebrando a Costa da Morte a través do deporte.

Foron 10 meses de ilusións e sorrisos, paralizados un tempo pola pandemia, pero que quedarán para a lembranza dos máis de 900 [email protected] que, por unha vez, foron protagonistas das súas propias coleccións.

Esta pasada semana facíamos entega dos premios dos sortos dos Álbumes. Xa contabamos os gañadores trala celebración do sorteo, e ambos premios foron para a familia da SD Laxe, dende logo unha das máis compradoras. Adrián Calo Suárez levou o Patinete da Tenda BB Muros,; mentres Ainoa Rodríguez Varela foi a gañadora do minidron de Milar Cee.

Así foi a presentación do álbum no Conco

Sen máis, queremos lembrar como foron algunhas das accións que fixemos arredor do álbum.

   

Novas do Álbum

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/futbol-da-costa/premios-milar-bb-pechan-curso-do-album-cromos-do-futbol-base-da-costa/20200724080651120827.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia