Venres. 29.03.2024
El tiempo

Premios de Nadal por Carballo e Malpica

As propostas para fomentar o comercio local en Carballo e Malpica xa teñen resultados.
SORTEO_NADA en Carballo
Imaxe do sorteo de Nadal de Carballo
Premios de Nadal por Carballo e Malpica

Trala resolución do Concurso de Escaparates, o Concello de Malpica realizaba onte o sorteo, en streaming, dos premios da campaña de promoción do comercio local. Eran entre 30.000 e 40.000 papeletas, unha cifra que sorprendeu ao mesmo Concelleiro de Promoción Economómica, e que dá conta de que o comercio e a hostalería malpicá se moveu, e moito, por Nadal.

Foron varias as gañadoras dos vales de compra para consumir nos establecimentos de Malpica, que podedes ver neste vídeo:

3 viaxes en Carballo

Igualmente, por Carballo fixeron o sorteo, no Museo de Bergantiños, dos tres viaxes da campaña “Este Nadal en Carballo”. Laura Gerpe Rial gañou unha Viaxe a Tenerife; Estrella Quintela Ramos a Viaxe a Gran Canaria; e Ángela Domínguez Bardanca a Viaxe á Costa da Sol.

Tamén son mulleres as 5 suplentes, por se non aparecen, ou renuncian, as gañadoras: Rosa María Varela Pita, Raquel Cotelo Torres, Ana Álvarez Rial, Paula Pastoriza García e María Isabel Suárez Negreira.

Comentarios