Venres. 29.03.2024
El tiempo

Preocupación no Comité de Ferroatlántica trala falta de compromiso do Conselleiro de Industria

Preocupación no Comité de Ferroatlántica trala falta de compromiso do Conselleiro de Industria
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reunirase cos representantes dos traballadores das plantas de Ferroatlántica de Cee e Dumbría, na reunión do pasado mes de novembro de 2016 O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reunirase cos representantes dos traballadores das plantas de Ferroatlántica de Cee e Dumbría, na reunión do pasado mes de novembro de 2016 ”Preocupados e insatisfeitos” saíron os membros do Comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría- Centrais Hidroeléctricas, trala reunión mantida esta mañá co Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde. Preocupados porque o Conselleiro non falou de prazos para estudar e resolver a solicitude da empresa en Augas de Galicia para segregar as actividades de produción de ferroaliaxes e de produción hidroeléctrica. E insatisfeitos porque o obxectivo da xuntanza era conseguir un compromiso que a Xunta, agora, non está disposto a dar. De feito, as palabras do Conselleiro ante os medios amplían a incertidume dos traballadores e de toda a comarca, ao afirmar que se tratará exclusivamente como un “asunto administrativo que se solventará con todas as garantías xurídicas”, esquecendo o interese público, a alarma social e a situación de risco económico que provocaría en toda unha comarca. "Non entendemos a actitude esquiva do conselleiro nin a falta de firmeza da Xunta para manifestar publicamente que non autorizará a segregación de actividades, cando as cláusulas das concesións dos aproveitamentos hidroeléctricos son claros e existen sentenzas do TSXG e o Supremo avalan estas condicións", sinalan con rotundidade dende o Comité. Ao tempo que lembran o informe entregado na mesma Consellería elaborado pola UdC que determina a ilegalidade de autorizar a desvinculación e recordan que "o estado orixinal desas concesións administrativas é estar vinculadas á produción industrial". Agora, ao Comité tócalle esperar a recibir a información solicitada para poñerse a estudala e argumentar correctamente a súa postura. Mentres, estarán no pleno extraodrinario que se celebra esta tarde de martes ás 20:00h no Concello de Cee no que se aprobará unha declaración institucional en contra da segregación. Unha declaración semellante á que se aprobará ás 21:30 en Muxía. Mentre, a empresa está rompendo os convenios que tiña a través da súa Responsabilidade Social Corporativa con moitas das entidades sociais e deportivas da bisbarra coas que colaboraba, o que supuña un dos flotadores a nivel social máis importantes, pero que agora parece nin necesitar.

Imputación de Villar Mir

A xuntanza viuse salpicada pola xa imputación do dono de Ferroatlántica Villar Mir, e a súa muller, no Caso Lezo. Unha trama que agora se separa en 4 partes, diferenciando entra o suposto financiamento ilegal ao PP, e outras accións do Canal Isabel II, a empresa pública de Augas da Comunidade de Madrid, centro da trama.

Respostas políticas

Onte era o BNG o que propuña invitar ao Comité ao Parlamento, hoxe saen á palestra En Marea e PSOE. O deputado de En Marea Antón Sánchez lamenta que “Feijóo xogue ambiguamente cos intereses da Costa da Morte e de Galicia mentres Villar Mir obtén beneficios millonarios en base a decisións dos gobernos do PP”. Criticou tamén que “os privilexios do señor Villar Mir asociados a gobernos do Partido Popular non son nada novo” e referiuse aos numerosos casos nos que esta empresa se veu beneficiada dos favores das administracións públicas, como a reforma da Lei de Costas do Estado. “As concesións que ten sobre o río Xallas son favores do señor Fraga e dos gobernos do PP sucesivos e agora vemos que o goberno da Xunta xoga ambiguamente cos intereses xerais da Costa da Morte e de Galicia”. Para En Marea “a ambigüidade non é posible neste caso pois o interese público para este país é manter vinculadas as dúas actividades, a das centrais e a das ferroaleacións porque só así se garante o mantemento de emprego”. Ademais, o vicevoceiro de En Marea entende que “non nos podemos fiar dos plans industriais dunha empresa que ten incumprido sistematicamente os compromisos coa administración, lembramos que xa no ano 85 en base a unha concesión comprometerase a manter o emprego de 500 traballadores e agora non chegan a 300” e engadiu que estamos diante “dunha nova mentira do señor Villar Mir e do seu xenro para coller o botín e retirarse con comportamentos mafiosos asociados a favores que os gobernos do PP lles fixeron sistematicamente ano tras ano”. Tamén o PSOE levará unha pregunta ao Parlamento sobre o caso, reclamándolle ao Goberno galego que explique a súa estratexia diante da decisión da empresa logo de que rexeitaran a solicitude de comparecencia do conselleiro de Infraestruturas presentada por toda a oposición a iniciativa dos socialistas galegos. Xoaquín Fernández Leiceaga lamentou o veto do PP que supón, dixo, “furtarlle ao Parlamento un debate necesario”. Nese sentido, lembrou que engadiu que “estamos no momento da verdade”, no que “xa non se pode ocultar máis” a intención de Ferroatlántica, e apostou por que a Xunta rexeite a solicitude de segregación das centrais para manter a súa actividade. Reclamou ademais que o goberno galego garanta a continuidade dos investimentos na Costa da Morte e Arteixo a través dun Plan Industrial.  

Novas do #CasoFerroatlántica

Artigos relacionados

  Fonte

Comentarios