Venres. 26.04.2024
El tiempo

Preocupación veciñal ante a falta dunha enfermeira de pediatría en Muros

Preocupación veciñal ante a falta dunha enfermeira de pediatría en Muros
Moderno edificio do Centro de Saude de Muros-Foto- Arquitecturadegalicia

Chéganos hoxe unha nova queixa do funcionamento do Servizo Galego de Saúde, neste caso en Muros. Estes días os usuarios do centro médico de Muros teñen unha gran preocupación sobre unha descuberta praza de enfermería en pediatría.

I é que fai 5 días, a enfermeira que atendía as consultas dos dous pediatras marchou para outro centro. E segundo nos informan esta praza aínda non está cuberta e, aseguran os veciños, "a axenda está pechada". De feito, algúns nenos non puideron durante estes días facer o seu control pertinente por culpa desta situación.

Varias nais e pais xa están a deixar a súa queixa e reclamación por escrito no mesmo centro médico, pois iso é o que suxiren os administrativos cando nos lle preguntan polo tema.

Non saben se aínda é un pouco cedo para preocuparse, pero en todo caso xa están empezando a organizarse para, ademais das queixas ao Sergas dende o propio centro, facer unha colleita de firmas e envialas á Xunta.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios