Venres. 19.04.2024
El tiempo

Preocupan os gromos no IESP Pedra da Aguia e no IES Fin do Camiño

Preocupan os gromos no IESP Pedra da Aguia e no IES Fin do Camiño

Co virus baixando de norte a sur, a situación que se vivía hai un mes no CEIP Fogar de Carballo, estase estes días a vivir polas comarcas de Soneira e Fisterra. O IEP Pedra da Aguia da Ponte do Porto é, a día de hoxe, o centro máis afectado de Galicia, con 18 positivos e 4 aulas pechadas como resultado do cribado, con 93 probas, realizado durante a ponte.

Dende o IES Fin do Camiño de Fisterra, é a ANPA a que lanza a alarma ante a detección de 5 positivos (3 alumn@s e 2 profes, que non contabilizan nas listas do Sergas por estar noutros centros de saúde). Dende a ANPA aseguran que ademais hai outras 5 persoas, e as súas familias, relacionadas co centro, en corentena preventiva.

Ante esta situación, o Concello púxose en contacto coa Consellería de Sanidade, que vai realizar un cribado este mesmo sábado, de 12:00 a 14:00h no pavillón municipal. Farán arredor dun cento de probas entre alumnado e profesorado.

Ademais, aproveitan para criticar á Xunta: “Que o protocolo de actuación da Xunta non é efectivo, nunha gran maioría dos centros da Galiza, é un segredo a voces. Esiximos medidas de protección efectivas para o alumnado e o profesorado do Centro”.

 

As cifras centro por centro

Baixa lixeiramente a cifra de casos totais nos centros de ensino da comarca, pero cada vez son máis zonas afectadas. Estas son as últimas cifras ofrecidas polo Sergas, cos datos do pasado 10 de decembro:

Concello Centro Total Positivos Aulas Pechadas
CABANA E.I Municipal A Casa dos Títeres 1 1
CABANA CPI As Revoltas 1 0
CEE E.I. Municipal Vila da Xunqueira 1 1
CAMARIÑAS IES Plurilingüe Pedra da Aguia 18 4
CAMARIÑAS CEIP O Areal 1 0
CARBALLO CEPPR Aspaber 1 0
CARBALLO CEIP Bergantiños 2 0
CARBALLO CEIP Fogar 3 0
CARBALLO CEIP Plurilingüe A Cristina 1 0
CARBALLO CRA Ponte da Pedra 1 0
CARBALLO IES Isidro Parga Pondal 2 0
CEE CPR Manuela Rial 1 0
CEE CEIP Plurilingüe Eugenio López 3 0
CEE IES Fernando Blanco 2 0
CEE IES Agra Raices 1 0
CORISTANCO CPI Alcalde Xosé Pichel 2 0
FISTERRA CPR Ntra.Sra. del Carmen 3 0
FISTERRA IES Fin do Camiño 2 0
CARNOTA CEIP Plurilingüe de Carnota 2 0
MALPICA CEIP Joaquín Rodríguez Otero 1 0
MAZARICOS CPI Plurilingüe da Picota 2 0
MUXÍA CEIP de Vilarmide-Eduardo Noya 1 0
MUXÍA IES Ramón Caamaño 1 0
MUXÍA CEIP Virxe da Barca 5 0
MUXÍA CEIP Os Muíños 4 0
MUXÍA CEIP Luís Seoane 1 0
PONTECESO IES Eduardo Pondal 4 0
PONTECESO CEIP Eduardo Pondal 1 0
SANTA COMBA CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza 3 0
SANTA COMBA IES Terra de Xallas 7 0
VIMIANZO IES Terra de Soneira 1 0
ZAS CEIP Labarta Pose 1 0
ZAS CPI de Zas 1 0
ZAS IES Maximino Romero de Lema 1 0
TOTAL 79 6
 

Máis novas do COVID

Comentarios