Martes. 23.04.2024
El tiempo

O primeiro PXOM de Fisterra, xa no DOG

O primeiro PXOM de Fisterra, xa no DOG

PXOM Fisterra Trala sinatura do pasado mes de agosto, e despois de 18 anos de trámites, o Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde de aprobación definitiva do PXOM de Fisterra. Un documento necesario (substitúe ás normas subsidiarias de planeamento que rexían no concello desde 1996) que buscará preservar o patrimonio natural e cultural polo menos durante os vindeiros 12 anos.

Agora o Concello xa ten un marco de seguridade xurídica desde o punto de vista urbanístico para non facer o “ti vai facendo”, e garantir un desenvolvemento sustentable, serio e ordenado do territorio.

Concentrar a expansión nos núcleos de poboación

O PXOM prentende “conservar e potenciar os actuais núcleos de poboación”, tendo en conta que o 92% do termo municipal está catalogado como solo rústico. A idea é frear a dispersión edificatoria e consolidar ás áreas xa construídas e os núcleos de poboación existentes.

Aposta polo casco

Tamén ten como obxectivo “apostar pola recuperación do casco histórico municipal”, coa conservación do patrimonio xa construído, buscando a rehabilitación e a recuperación de espazos urbanos relevantes, de elementos arquitectónicos singulares e das tramas tradicionais existentes no casco histórico. Así mesmo, tamén se prevé completar as estruturas urbanas de Sardiñeiro e A Anchoa, cuxo crecemento deu lugar á formación de bolsas de solo vacante.

Ademais, tamén hai espazos para habilitar zona verde, equipamentos, aparcadoiros e demais servizos públicos.

Enn materia residencial, o PXOM prevé un crecemento máximo durante os próximos 12 anos de 1.531 vivendas novas.

Como dato, en Galicia, aínda quedan 209 concellos sen aprobar este necesario documento urbanístico.

Novas relacionadas

Comentarios