Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os profesionais da área sanitaria de Vimianzo cóidanse para coidar

Sesions formativas dos sanitarios da area de Soneira
Sesións formativas d@s sanitari@s da área de Soneira
Os profesionais da área sanitaria de Vimianzo cóidanse para coidar

Son, sen dúbida, o colectivo máis implicado nesta batalla contra o coronavirus. E quen coida a quen nos coida?

Dende a comarca de Soneira, conscientes da necesidade de manterse unidos, fortes, sans e perfectamente actualizados, os profesionais sanitarios están están realizando varias actividades arredor da crise: reunións diarias dos profesionais para compartir dúbidas e información científica, mobilización dos recursos dispoñibles para mellorar os centros sanitarios, vídeos de educación da cidadanía e, dende o xoves pasado, sesións de autocoidado do profesional para ofrecer un mellor coidado aos pacientes.

Como nos conta Alicia Barreiro Cambeiro, médica do consultorio de Baio, que onte nos deixaba un completo vídeo de accións preventivas, despois da primeira cita do pasado xoves, farán unha nova sesión o vindeiro martes 28 de abril, ás 8:00h.

En primeira persoa

”Os profesionais que traballamos en centros sanitarios de Atención Primaria viñamos arrastrando dende fai anos as consecuencias dunha atención sanitaria cun gran aumento da demanda e cuns medios non acordes para xestionar tal demanda, tanto medios materiais como de tempo. Son moitos os artigos referentes ao aumento do síndrome do profesional "queimado” nos profesionais dedicados ao coidado da saúde. Lemos nalgunhas publicacións, por exemplo, que segundo estudos recentes, a metade d@s profesionais de enfermería en España xa sinalaban sufrir, en condicións normais de actividad asistencial, o síndrome do profesional “queimado” (burn out) e 8 de cada 10, estrés.

Partindo desta base, a situación do Coronavirus é un reto e un estresor maior. Os profesionais están sometidos a unha sobrecarga de traballo (turnos, medo ao contaxio) á que hai que engadir unha sobrecarga emocional: toman decisións que afectan á vida das persoas e sofren impotencia pola falta de medios. A primeira fase dun impacto semellante é unha activación de recursos: traballar e esforzarse máis, o que deriva en ansiedade. Pero cando esa mobilización se prolonga no tempo, os recursos agótanse e o risco de depresión é moi alto. O estrés postraumático, un trastorno que pode diagnosticarse ata tres meses despois do feito desencadenante, é un dos maiores temores.

Nos centros de Atención Primaria da área de saúde de Vimianzo fomos conscientes da situación, da nosa exposición cotidiana ao sufrimento, e máis nesta época, e cremos na necesidade de “coidarnos para coidar”, polo que organizamos sesións dun programa de autocoidado e salutoxénese, para ter unha perspectiva constructiva, xestionar as emocións e poder responder adaptativamente de forma saúdable aos retos da consulta.

Novas relacionadas

Comentarios