Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os profesionais do mar denuncian a falta de médico para realizar o recoñecemento médico obrigatorio

Edificio do ISM de Corcubion copia
Edificio do ISM de Corcubión
Os profesionais do mar denuncian a falta de médico para realizar o recoñecemento médico obrigatorio

Os profesionais do mar de máis de 50 anos e menos de 22 teñen que pasar cada ano o recoñecemento médico para poder saír a traballar. O “papel” dos do medio dura ata dous anos, o que non quere dicir que non haia que ir pasalo. Dende o sur da comarca soen ir ao Instituto Social da Marina, o ISM de Corcubión, pero nos últimos meses, e aproveitando os recortes, non se dan citas.

”Obrigannos a telos pero dende hai varias semanas non nos dan cita e mesmo nos anularon as que tiñamos previstas”, explica un percebeiro muxián. “Pero Capitanía Marítima esíxenos telos aprobados polo que nos manda ir a Coruña ou a Muros para solucionalo”, sinala.

Por iso piden unidade ás confrarías da zona para esixir que volvan os profesionais médicos ao ISM corcubionés, para facilitar o trámite, porque “ca broma perdemos dous días de ir ao mar”, explican.

Cren que “aproveitando todo esto do covid van seguir recortando e como non protestemos imos quedar sen ISM en Corcubión, como aconteceu co ISM muxián en 2012.

Comentarios