Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Programa dos #DirectosQPC: Os Rapacollóns, Lolo Muíño, Margarita Lamela e unha cita dixital con Arela

Programacion semanal directosqpc
Programa dos #DirectosQPC: Os Rapacollóns, Lolo Muíño, Margarita Lamela e unha cita dixital con Arela

Comezamos o mes de xuño pero mantemos a programación dos #DirectosQPC, cada día ás 15:00h en vivo na páxina de Facebook de Que pasa na Costa, e de contado no Youtube e no diario.

Os luns, #FutboldaCosta

Esta primeira semana comezaremos en clave futboleira falando con Gabriel Riveiro, máis coñecido como Bebeto. Unha parte do ascenso do Fisterra á 3ª División débenllo á alma dos Rapacollóns Big Band, ese grupo que vai moito máis alá dunha afección futboleira, e que poliniza fisterra de ilusión.

Martes e xoves, rolda de alcaldes e alcaldesas

Seguimos percorrendo a bisbarra falando cos nos@s rexedor@s sobre como un Concello pode axudar a paliar esta crise. A 7ª entrevista será o martes con Lolo Muíño (BNG), alcalde de Zas. O xoves tocará o turno de ir ata Cee para falar coa alcaldesa Margarita Lamela (PSOE).

Mércores tecnolóxico

Este mércores teremos unha sesión sobre comercialización na rede coa empresa costeira Arela Comunicación Sostible. David Lourido e Ana Díaz danlle á volta á crise e ofrecen unha nova vía de negocio para moitos proxectos que non tiñan a rede no seu punto de mira.

#DirectosQPC

Faladoiros feministas

Rolda de alcaldes e alcaldesas nos DirectosQPC

#DirectosQPC arredor da comunidade educativa e cultural de Baio

Outros directos QPC

#FutboldaCosta

Comentarios