Venres. 29.03.2024
El tiempo

As promesas do #12X (III): O BNG reparte promisións

FOTO BNG MITIN CARBALLO 3
Acto do mitin do BNG en Carballo
As promesas do #12X (III): O BNG reparte promisións

Quedan apenas uns días para as Eleccións Autonómicas deste domingo 12 de xullo de 2020. Unhas eleccións atípicas, nas que se albiscaba unha campaña máis dixital ca nunca, pero na que volvemos ver as visitas de turno dos nosos políticos, os cartaces empapelando as nosas vilas e estradas, ou as cartas por correo ordinario co sobre e a papeleta; porén apenas vimos banners ou campañas polas redes sociais.

Non quixemos ir recollendo día a día as falsas promesas que deixan os representantes das diversas forzas políticas en campaña, pero si que queremos que queden na hemeroteca para poder pedirlles contas no futuro. Por iso facemos este repaso a campaña electoral na Costa da Morte.

Despois de repasar a curta presencia do PP pola comarca esta campaña, toca falarmos do BNG, que aínda hoxe mércores visita o porto de Malpica.

Sorprende estes días o manifesto asinado estes días por persoas que non militan no BNG (e mesmo que marcharon), que piden o voto para o Ana Pontón trala desfeita do resto de grupos de esquerda. Así personalidades como o vimiancés Manuel Antelo, Rafael Cuíña ou Xavier Alcalá piden aglutinar o voto arredor do BNG para facer forza ante a máis que posible maioría absoluta do PP.

Na lista da circuncscrición electoral da Coruña do BNG aparecen nomes costeiros, como o de Mercedes Queixas Zas (mestra en Coristanco, no posto nº3), Daniel Pérez (avogado de Coristanco, nº6), Rafa Vilar (poeta ceense, nº10), Serxio Domínguez (voceiro de Cee e responsable comarcal, nº12), ou Kuka Sar (edil fisterrán, nº20).


Visita a Corcubión

Mentres, Mini Rivas foi a cara principal das visitas do BNG á comarca. Mini tamén pasou por Corcubión prometendo a apertura do Centro de Día, poñendo os coidados no punto de mira.

Estivo tamén por Cee, acompañado por Rafael Mouzo, cargos municipais e membros do BNG da comarca da Costa da Morte, visitando aos representantes do Comité de Ferroatlántica, así como os terreos en desuso dos antigos estaleiros de SICAR, cuxa concesión finalizou no ano 2018 e agora, explicou “a decisión para novos usos é competencia de Portos de Galiza”. Neste sentido, lembrou a intención dunha empresa para implantarse no lugar e desenvolver actividades relacionadas coa reparación de barcos. A negativa de Portos de Galiza obedece a “intereses que non son os da poboación” e mesmo poderíamos estar ante “un pelotazo urbanístico”.


Comitiva do BNG en Ferroatlántica

O propio Rivas tamén estivo na Feira das Cereixas de Paiosaco, defendendo a “horta galega” e comprometéndose a desenvolver “medidas para sacar á horta do seu abandono”. Por que a horta galega e os seus produtos non están incluída na PAC?”, preguntouse.

O mar

Ana Miranda coa pesca de Fisterra
Ana Miranda coa pesca de Fisterra

Tamén estivo Ana Miranda, a eurodeputada, pola comarca. A portavoz do BNG en Europa reuniuse con representantes dos sectores pesqueiro e hostaleiro de Fisterra e Muros. “Temos un sector pesqueiro moi diverso e só cando o BNG está presente hai unha aposta clara por defender os intereses galegos”, salientou Miranda en referencia á defensa da pesca de baixura, o marisqueo e o colectivo das redeiras nos Parlamentos galego, estatal e europeo.
Na primeira parte da xornada, a portavoz do BNG en Europa, xunto ao tenente de alcalde de Fisterra, Kuka Sar, mantivo un encontro coa agrupación de mergulladores do sector do marisqueo. No encontro, Miranda explicou que o BNG vén de rexistrar unha Proposición non de Lei no Congreso a través do deputado Néstor Rego para reformar o Real Decreto que determina as condicións de seguridade das actividades de mergullo co obxectivo de introducir unha excepción na prohibición da apnea para o marisqueo extractivo de moluscos bivalvos como o longueirón e a navalla.
Xa en Muros, na praia de Bornalle o BNG lembrou que conseguiron que a Xunta fixera un informe desfavorable á ampliación ilegal das instalacións dunha fábrica, xa poñía en risco o marisqueo na zona.

Miranda marisqueo Muros copia
Miranda co sector do marisqueo en Muros

A visita principal do BNG foi coa propia candidata Ana Pontón a Carballo, un exemplo de goberno que o BNG utiliza en toda Galicia. “Tendes o meu compromiso para sacar adiante a circunvalación, porque é unha demanda incontestable".
Así mesmo, “apoiaremos a vella demanda de poñer en marcha as infraestruturas necesarias para abastecer de auga á costa, como é o caso de Razo e Baldaio, ou para evitar as inundacións derivadas da enchentes do Río Anllóns ao seu paso polo centro do concello”.

FOTO BNG MITIN CARBALLO 4 copia
Imaxe do mitin de Carballo

Artigos relacionados

As promesas

Novas relacionadas

Comentarios