Venres. 19.04.2024
El tiempo

As promesas do #12X (II): O PP confía na súa supremacía na Costa da Morte

Espontaneo no mitin do PP de Carballo
Un veciño foi protagonista no mitin central do PP en Carballo
As promesas do #12X (II): O PP confía na súa supremacía na Costa da Morte

Quedan apenas uns días para as Eleccións Autonómicas deste domingo 12 de xullo de 2020. Unhas eleccións atípicas, nas que se albiscaba unha campaña máis dixital ca nunca, pero na que volvemos ver as visitas de turno dos nosos políticos, os cartaces empapelando as nosas vilas e estradas, ou as cartas por correo ordinario co sobre e a papeleta; porén apenas vimos banners ou campañas polas redes.

Non quixemos ir recollendo día a día as falsas promesas que deixan os representantes das diversas forzas políticas en campaña, pero si que queremos que queden na hemeroteca para poder pedirlles contas no futuro. Por iso facemos este repaso a campaña electoral na Costa da Morte.

Hoxe toca falarmos das escasas visitas do PP á comarca. Parece, que a pesar do auxe do PSOE nas pasadas municipais de xuño 2019, o PP conta con volver ser a primeira forza como fixo nas Xerais de novembro. Porque foron poucas as visitas do PP á comarca. Un PP que conta na lista da circunscrición electoral da Coruña coa conselleira Ethel Vázquez (natural de Ponteceso); o carballés Rubén Lorenzo (nº16), a camariñá Paula Mouzo (nº23), e a muxiá Sandra Vilela (no posto nº25), na candidatura da circunscrición electoral da Coruña.

A última e visita máis importante do PP foi esta fin de semana en Carballo, co mesmo presidente Alberto Núñez Feijoo, acompañado de Diego Calvo e de Rubén Lorenzo. Si que caeron promesas, a máis potente a creación dun novo hospital en Carballo.

Diego Calvo visitou a piscifactoria de Lires
Diego Calvo visitou a piscifactoria de Lires

Así, ademais da visita pre-campaña a Laracha, o presidente provincial Diego Calvo realizou unhas visitas industriais, tanto á piscifactoría de Lires, acompañado na visita polo portavoz popular en Cee, Antonio Domínguez, e a muxián Sandra Vilela, para advertir do risco que supón para as empresas da Costa da Morte o cambio no regulamento de Costas, como denunciara o PP muxián.

Calvo tamén visitou antes do comezo oficial da campaña a conserveira en Camariñas, para anunciar “un Plan de Reactivación”, que contará con máis de 3.000 millóns de euros. Calvo aproveitou a visita á industria para resaltar o “notable esforzo” realizado polas empresas familiares durante os meses de confinamiento provocados pola pandemia do Covid-19.

Igualmente, Calvo visitou Cee onde reclamou “a aprobación dun estatuto que regule o prezo da enerxía para as electrointensivas, pois foi prometido en campaña electoral e a súa ausencia está a provocar peches como o de Alcoa San Cibrao e inseguridade e incertezas permanentes en factorías como é o caso de Ferroatlántica en Cee”.

Diego Calvo na conserveira de Camarinas
Diego Calvo na conserveira de Camariñas

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Comentarios