Venres. 29.03.2024
El tiempo

Promoción á Liga da Costa: Os muradáns toman vantaxe

Promoción á Liga da Costa: Os muradáns toman vantaxe
Os equipos do sur toman vantaxe trala ida da Promoción de Ascenso á 2ª Autonómica. Volantes e Montelouro ven máis preto a Liga da Costa tralas súas vitorias na casa ante Cerqueda e Cabana. Pero a cousa non vai ser sinxela. Malpicáns e cabaneses prantarán de seguro cara na volta, e o Campo de Xaviña e As Redondas encheranse para convertirse no inferno.

Volantes - Cerqueda (5-2)

  • VOLANTES: Iago, Fran (Maikel min.75), Josiño (Mou, min.85), Juan, Paky, Ramón, Varo, Brais (Javi, min.20), Nimo, Seluco e Ivi (Pardelo, min.90).
  • CERQUEDA: Fredi, Rober, Dani, Javi Pazos (Athu, min.78), Santi, Lorenzo, Dieguito, Manu (You, min.73), Alex e Dani Añón (Maikel, min.57).
  • Goles: 0-1, min.2: Alex cun golazo de volea dende fóra da área; 1-1, min.15: Brais; 2-1, min.25: Juan á saída dun córner; 3-1, min.50: Seluco á contra; 4-1, min.55: Seluco á contra; 5-1, min.70: Varo de vaselina; 5-2, min.80: Dieguito de falta directa tamén cun golazo.
  • Lesión: Brais.
  • Expulsión: o central visitante Dani contra o final.
Volveu Miraflores a vestirse de gala para o partido máis importante do ano. E así o acusaron os xogadores dos dous equipos, sendo un partido de moito nervio, pouca precisión, pero o máis importante, un partido limpo. Houbo poucas ocasións pero moi ben aproveitadas, sobre todos polos locais, aos que lle saíu todo. Foi mellor o Volantes no cómputo global do partido, máis metidos no mesmo, pero se cadra os 5 tantos son demasiada renda tralo visto no campo. Adiantose o Cerqueda, que dominou nos primeiros minutos, pero a partir do do empate, o Volantes tomou o mando e guiou como quixo o choque, dando a volta ao marcador en apenas 20 minutos. Na segunda volveu saír enchufado o Cerqueda, pero dúas contras rápidas de Seluco mataron aos cerquedáns, e puxeron un 4-1 que puña a eliminatoria moi costa arriba aos visitantes. Varo asinaba o 5º noutra das poucas chegadas locais, e a 10 do final Dieguito daba esperanzas con outro golazo de falta directa. O Cerqueda xa pensa na volta, e espera que o VOlantes non poida contar con Piti, que xa non puido xogar onte, nin con Brais, que tivo que saír lesionado aos 20 minutos.

Montelouro - Cabana (2-0)

  • MONTELOURO: Isma, Bolo, Canelo (Pablo, min.75), Álvaro, García, Fernando, Chema (Denís, min.80), Geico (Dani, min.65), Pesco (Raúl, min.70), Rico e Jaro (Mingos, min.50).
  • CABANA: Añón, Pancho (Iván Mato, min.80), Marcos, David, José, Josiño, Sandro, Adrián (Jacobo, min.65), Diego (Eloy Pereira, min.70), Rubén Rama (Eloy García, min.70) e Tonecho.
  • Goles: 1-0, min.6: Rico tras un remate de Pesco tras unha internada de Jaro; 2-0, min.60: Álvaro á saída dun córner.
  • Lesión: Rico cunha lesión de xeonllo.
Tamén o Montelouro leva demasiada renda para o visto no Agra da Filgueira. I é que o Cabana dominaba o balón, tocando máis, pero sen demasiada profundidade. Os locais estiveron moi firmes atrás os 90 minutos e apenas permitiron chegadas perigosas. O Cabana de Pablo Mallón saíu a polo balón e dominou os primeiros compases, pero o gol inicial rompeu a súa idea e os loureáns superaron por bandas aos cabaneses durante media hora. Tivo algunha ocasión tamén o Cabana, como unha ocasión tras un de córner, unha de Josiño ou unha boa falta botada por Tonecho. Na segunda, o Louro seguía moi serio con saídas perigosas de Rico, que fixo un partidazo, e que acabou lesionado, e case con seguridade será baixa para a volta. Álvaro marcaba o segundo tras un córner e o Cabana tiña que subir liñas. Xa case que á desesperada, o Cabana buscou balóns arriba, creando perigo, pero o Louro non se movía. Os visitantes protestaron un gol anulado a José, e puido marcar por medio de Josiño, e Eloy García tivo un man a man nos últimos segundos que podía ter metido de cheo ao Cabana na loita. Así, o Montelouro chegará con vantaxe ás Redondas, pero o Cabana de seguro que fará todo para buscar o ascenso.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios