Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O proxecto Cociñas á vista trata de poñer en valor a impecable trazabilidade dos restaurantes km.0 da Costa

Presentacion do proxecto Cocinas a vista
Presentación do proxecto "Cociñas á vista" no Semáforo de Fisterra
O proxecto Cociñas á vista trata de poñer en valor a impecable trazabilidade dos restaurantes km.0 da Costa

Onte botaba a andar o programa “Cociñas á vista”. Coordinado dende o GALP Costa Sostible (o do sur da comarca), ten como principal obxectivo poñer en valor a trazabilidade dos produtos dos nosos restaurantes, que chegan directamente do mar ao noso plato, así como garantir a confianza do consumidor fronte ao covid19.

O Semáforo de Fisterra, un dos 17 restaurantes co selo km.0 de MarGalaica na Costa da Morte e na Ría de Muros-Noia, albergaba a estrea do programa

Os restautantes Km.0 son A morada dá Moa; A Morosa; Anduriña.; Casa Dosil; A Xouba; A Bayonnaise 1806; O Neixón; O Semáforo de Fisterra; Peixería Mar Viva; Praia de Sardiñeiro; A Muradá; Asador Vila de Muros; Casa Boto; Casa do Tella e Rosalía; Casa Peto; Don Bodegón; Pepe do Coxo; e Ríos O Freixo.

En todos estes locais, o cliente poderase atopar con cartas dixitalizadas (con código QR), e un vídeo promocional onde se mostra todo o percorrido do produto que poderá degustar (desde a súa captura no mar, a súa venda na lonxa, o proceso de cociñado e a presentación final para o seu consumo). Para levar a cabo este vídeo, colaboraron tamén as seguintes lonxas: Corcubión, Fisterra, Lira (Carnota), Muros, O Freixo (Outes), e Porto do Son.

Para aumentar a seguridade desde o mar ata os nosos pratos, o GALP Costa Sostible pon en marcha un novo proxecto: "...

Publicada por Galp Costa Sostible en Martes, 28 de Xullo de 2020

Novas relacionadas

Comentarios