Venres. 19.04.2024
El tiempo

A "Senda do Xallas", que fará transitable 64 km do río costeiro, vai collendo forma

reunion dos concellos de Mazaricos e Santa Comba sobre a Senda do Xallas coa Deputacion
A posta en valor dun Río como é o Xallas desde o seu nacemento ata a súa maravillosa desembocadura é o obxectivo prioritario desta iniciativa que o Alcalde de Santa Comba, acompañado do técnico xalleiro José Manuel Vázquez e do Alcalde de Mazaricos Juan Blanco, ven de presentar ao Vicepresidente da Deputación da Coruña Xosé Regueira.
A "Senda do Xallas", que fará transitable 64 km do río costeiro, vai collendo forma

Esta semana, os Concellos de Santa Comba e Mazaricos mantiñan unha reunión co vicepresidente da Deputación da Coruña e Deputado de Turismo, Xosé Regueira, para darlle forma ao futuro proxecto da "Senda do Xallas”. Falamos dunha iniciativa turística e medioambiental que faría transitable as beiras do Río Xallas desde o seu nacemento ata a súa desembocadura, máis de 64 km, e que dinamizaría os territorios rurais da zona a través dun sendeiro visitable, con paneis informativos e interpretativos.

O alcalde xalleiro David Barbeira destacou a "predisposición inmensamente positiva do ente provincial a un proxecto supramunicipal destas características". Así, ante á positiva predisposición provincial, espérase sumar máis concellos para abarcar a totalidade do histórico río e facer un proxecto supramunicipal que a medio prazo vertebre varias comarcas do territorio da provincia da Coruña, con finalidades turísticas e medioambientais.


Imaxe do río Xallas ao seu paso pola Devesa de Anllares

Comentarios