Venres. 19.04.2024
El tiempo

PSdG pide á Xunta rescatar do caixón o Plan de Conservación dos Penedos

PSdG pide á Xunta rescatar do caixón o Plan de Conservación dos Penedos
O Catalogo da Paisaxe de Galicia reconece a importancia natural dos Penedos de Traba e Pasarela-Foto do Dino-parrulo de Victor Santos O Catálogo da Paisaxe de Galicia recoñece, entre outros, a importancia natural dos Penedos de Traba e Pasarela-Foto do Dino-parrulo de Victor Santos

Recoñecía esta mañá o catedrático Augusto Pérez-Alberto que “É lamentable que a Xunta non fixera nada dez despois da declaración dos Penedos de Traba e Pasarela como Paisaxe Protexida” Hoxe, aproveitando que o Concello de Laxe saca do caixón o Plan de Conservación cunha mesa redonda, o PSdG leva o asunto ao Parlamentoe a diferentes comisións.

Os deputad@s socialistas Loli Toja, Patricia Vilán Lorenzo, María Luisa Pierres López, José Manuel Pérez Seco e Raúl Fernández Fernández, veñen de presentar varias inciativas sobre este singular conxunto de elevacións graníticas. Pregúntanlle ao goberno que tipo de medidas levou a cabo o Goberno galego desde a declaración polo Decreto 294/2008 dos Penedos de Pasarela e Traba como paisaxe protexida, hai case 10 anos, con Touriño no goberno da Xunta. Así mesmo, o PSdG pregunta se “Pensa desenvolver o Goberno galego o Decreto 294/2008, en que prazos?”

O grupo socialista apuntab a “singularidade e beleza, xa que forman “un impresionante pano de fondo visible tanto desde a localidade de Pasarela como, dunha maneira especial, desde a área de Traba. Postos no areal que pecha a lagoa pódese contemplar unha das paisaxes máis fermosas da costa de Galicia. Non se trata unicamente de pedras amorfas e sen valor”, di o Decreto, “senón de elementos figurativos, preceptuais e culturais das paisaxes”.

Nese sentido lembran que o decreto establecía na súa xestión “que a consellaría competente é a responsable da xestión deste paraxe único. Isto implica, con carácter xeral a conservación e a protección dos elementos desta paisaxe e de maneira especial a protección e a conservación das rocas que integran esta paisaxe protexida. O Decreto ademais establece que fomentará o Grupo Parlamentariocoñecemento desta paisaxe e promoverá a realización de programas de investigación e de educación ambiental. Tamén se promovería un desenvolvemento económico e turístico desa zona que fose respectuoso co medio”.

Pero nada se fixo ata agora.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/augusto-perez-alberti-e-lamentable-que-a-xunta-non-fixera-nada-dez-despois-da-declaracion-dos-penedos-de-traba-e-pasarela-como-paisaxe-protexida/ https://quepasanacosta.gal/unha-mesa-redonda-analiza-o-plan-de-conservacion-dos-penedos-de-traba-e-pasarela/ Novas relacionadas

Fonte

Comentarios