Imprimir

O PSOE de Cee aposta pola rexeneración das zonas costeiras de Caneliñas, Estorde, Gures e Lires

que pasa na costa | 07 de Febreiro de 2019

Unha posible senda entre Caneliñas e Gures
Unha posible senda entre Caneliñas e Gures

<p>Días de actividade para a voceira do Partido Socialista de Cee, Margarita Lamela. Esta semana mantiñan dúas reunións importantes.</p>

CostasMargarita Lamela e Ema Trillo do PSOE de Cee con Rafael Eimil

Lamela, xunto con Rubén Villar, membro da executiva socialista, participaron nunha reunión con Rafael Eimil, Xefe da Demarcación de Costas. Unha reunión para sacar do caión vellos proxectos de actuación en Caneliñas, Estorde e Gures, que levaban agochados “dende que Cee non ten alcalde socialista, no ano 2001, derivado do pacto entre o PP e IXCEE”.

Falan de facer unha senda peonil con zona de aparcamento en Gures, así como unha senda costeira que una Caneliñas e O Ézaro.

Precisamente reincidiron na necesidade de facer un plan especial de actuación en Caneliñas, coa idea de recuperar a contorna, que segue albergando os restos da fábrica baleeira abandonada, para a práctica de actividades náuticas, deportivas e recreativas.

Tamén falaron de Lires, sobre as posibles solucións de actuación na zona do paseo peatonal da pista de acceso á praia de Lires, “derivadas da pésima xestión do anterior goberno do PP”.

Ademais, propuxeron a colocación dunha pasarela de madeira (paseo marítimo) polo bordo da praia de Estorde.

Parque Empresarial

Desta volta xunto con Ema Trillo, membro da executiva socialista, participaron nunha reunión con Pablo Arangüena, Gerente do Chan Empresarial do Atlántico, a empresa do SEPES, dependente de Fomento, este luns, día 4 de febreiro, na localidade de Santiago de Compostela.

Os socialistas ceenses trasladáronlle as seguintes necesidades, despois de saber que vai ter unha reunión de traballo en Madrid, co director xeral do Sepes, Alejandro Soler Mur, para poder buscar alternativas á situación de parálise actual e de posibilidades reais de futuro.

Esta é a batería de necesidades que pediu a voceira socialista:

  • A necesidade de dinamizar o parque empresarial aos efectos de que as empresas establecidas na localidade de Cee e comarca póidanse trasladar a devandito parque.
  • A urxente necesidade de fomentar a implantación de novas industrias para xerar emprego
  • A problemática do custo das parcelas - a falta dunha adecuada señalización
  • A necesidade de instalación de fibra óptica ou a propia problemática do alumado, que aínda sendo algunhas delas competencias municipais, a desidia do goberno local non fan posible unha solución.
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cee/psoe-cee-interesase-polo-parque-empresarial-polas-zonas-costeiras-estorde-gures-canelinas/20190207000847106490.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA