Martes. 16.04.2024
El tiempo

O PSOE critica o veto do PP ao porto deportivo de Fisterra

Bonita estampa do porto de Fisterra con HDR
Vistas dos insuficientes pantaláns do porto de Fisterra
O PSOE critica o veto do PP ao porto deportivo de Fisterra

Tomando nota das reivindicacións da Asociación de Veciños Costa da Morte, a portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, presentou unha proposición non de Lei na Comisión de Pesca celebrada onte no Parlamento para reclamarlle ao goberno galego que dote dun dique flotante ao porto de Fisterra. O obxectivo, explicou, é que “permita dispoñer dunha zona de atraque ás embarcacións de recreo que se achegan á ría de Corcubión”, que foi vetada polo PP.

Toja lembrou que o porto de Fisterra “é un porto Xacobeo” integrado nunha localidade que, ademais de ser punto de paso de referencia mundial, é recoñecida como Concello de Interese Turístico, e reclamou “recursos para dar resposta ao que eses recoñecementos supoñen”. Chamou ao goberno galego a aproveitar a oportunidade de impulsar o achegamento das embarcacións por mar que “poden dinamizar a vila e ser un motor socioeconómico”.

Sinalou a “necesidade que ten a ría de Corcubión dunhas instalacións que permitan o atraque das embarcacións de recreo”, e salvar a “xestión nefasta” por parte de Portos de Galicia, cando “os dous únicos portos deportivos que hai na Costa da Morte están na mesma ría” (pola ubicación en Muxía e Camariñas).

Un pantalán que acolla, polo menos, 20 embarcacións en tránsito, e que poida ser ampliado no futuro, pode ser unha solución temporal para ir activando o porto como parada turística.

Novas relacionadas

Comentarios