Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un pulso para normalizar a diversidade

Rapaces de Camarinas en Aspaber
Rapaces de Camariñas en Aspaber
Un pulso para normalizar a diversidade

Fermoso o proxecto do departamento de Asuntos Sociais do Concello de Camariñas para normalizar a diversidade. Un programa de charlas e saídas dirixido aos escolares de todo o municipio para fomentar a inclusión e normalizar a diversidade que existe na nosa sociedade.

O pasado venres 31 de maio, tivo lugar a primeira das charlas de introdución a diversidade funcional que recibirán os alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria do CEIP de Camariñas. O luns, tocoulle á rapazada do CEIP Ponte do Porto.

Pero as citas máis esperadas son as visitas, cando poden ver, comprobar, de primeira man, a diversidade. Para iso, este pasado martes os nenos e nenas de 6º de primaria dos CEIP de Ponte do Porto e de Camariñas realizaron unha visita a ASPABER (Asociación de Padres de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños).

Fermoso o pulso que lle botaron á normalización da diversidade, comprobando que a familia de Aspaber é tan absolutamente normal coma eles. Visitaron os seus centros de traballo e viron como traballan coa madeira, na costura…

Aínda lles queda unha visita á Asociación de Xordos de Galicia e non podía falar a visita ás instalacións de Integro, a Asociación de persoas con diversidade funcional das comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra, que se desenvolverán a vindeira semana.

Novas relacionadas

 

Comentarios