Xoves. 28.03.2024
El tiempo

“Que o pasen ben ca ciencia”

“Que o pasen ben ca ciencia”
Concurso Proyecta Innovacion en Galicia O mestre Xacobo de Toro durante a defensa do proxecto do IES Urbano Lugrís no Concurso Proyecta Innovación

Pasa por ser un dos grandes desafíos da educación de hoxe en día. Pero xa hai moita xente que se está sabendo adaptar ás novas tecnoloxías para poder enganchar aos estudantes en materias tan, a priori, incómodas, como a xeomorfoloxía. Iso é precisamente que fai o mestre Xacobo de Toro no IES Urbano Lugrís, tratanto de facer máis accesibles e atractivos os coñecementos científicos a través de novas ferramentas.

Así, o centro malpicán presentou un dos 7 proxectos finalistas do Concurso #Proyectainnovación InspiraTics, que promove a Plataforma Proyecta. E non é pouca cousa cando falamos dos principais Premios Innovación Educativa, sobre todo no eido tecnolóxico, avalados polas Fundacións Amancio Ortega e Fernández Latorre.

Este pasado venres o mestre defendía (sen tanto acento malpicán como os seus queridos alumnos) o proxecto "Paisaxe Vivida. Galician 3D Landscape”. Unha proposta que mestura a realidade aumentada coa impresión 3D para que sexan os propios alumnos os que descubran as marabillas da Paisaxe.

Precisamente, o centro malpicán conta cunha materia de Paisaxe, que imparten Xacobo e Rocío Pomar, mestra tamén de Galego. A idea é construir un caixón de area de realidade aumentada para fomentar a aprendizaxe da tecnoloxía, da paisaxe, dos mapas topográficos, da evoución do relieve… “O proxecto non é mercar unha máquina e colocala. Intentaremos que sexan os alumnos os que constrúan o areeiro con software gratuito dunha Universidade californiana, e teñan que traballar en equipos, superar problemas, ser creativos…”, cóntanos o propio Xacobo.

Agora toca esperar ata 5 de xuño, cando saen os resultados do Concurso, e no centro xa “rezan” para que sexa premiado e poidan comezar a desenvolver semellante ferramenta. Esta foi a defensa do proxecto:

Club de Ciencia

Pero non crean que a ciencia para no Urbano Lugrís. Segue a tope o Club de Ciencia, no que participa a metade dos escolares do centro, agora mesmo 11a rapaces. Por iso son varios os mestres implicados que van aproveitando a hora de comedor, para facer diferentes obradoiros. Unha demostración de compromiso pola educación e da implicación de rapaces e escolares. Para que vexamos o nivel, “o outro día se fixeron extraccións de ADN, e está moi ben porque os rapaces quedan co esencial e fican moi abraiados. É do que se trata, que o pasen ben ca ciencia”, sentenza.

Ciencia en galego

E non podemos esquecer o labor do propio Xacobo pola nosa lingua. Leva subidos ao seu Youtube “Xacobo de Toro Cacharrón ducias de vídeos sobre ciencia para facer máis accesibles estes coñecementos a unha mocidade á que ademais ten implicadísima.

Aquí temos a Xacobo explicando as capas da atmósfera, que ben podería saír no Xabarín:

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios