Venres. 19.04.2024
El tiempo

Quen se ocupa de que se cumplan as responsabilidades civís como propietario dun animal?

Quen se ocupa de que se cumplan as responsabilidades civís como propietario dun animal?

Quen se ocupa de que se cumplan as responsabilidades civís como propietario dun animal nun concello? Quen é o responsable de que os veciños teñan aos cans controlados e identificados? Concello? Seprona?...

A problemática cos cans abandonados e os cans soltos na Costa da Morte é algo habitual. Dende eses cans que rematan no Cabo da fin do mundo cun peregrino que pensaba que estaba abandonado aló no alto dos montes de Dumbría; ata o veciño que xa non pode máis porque o can solto da esquina non deixa de defecar diante do seu portal.

Precisamente un dos concellos que trata de loitar coa problemática das "minas" é o de Corcubión, que artellou unha serie de normativas para que os donos manteñan limpas as rúas e actúen responsablemente. Un dos asuntos de vitais importancia nos que reinciden é na necesidade de identificar aos animais con microchip, como esixe a lei.

Todo en prol dunha convivencia máis agradable entre veciños e animais.

Problemas comúns

Pero ás veces non é tan sinxelo. Ás veces os propios donos non se encargan dos seus animais, e nun afán de deixalos en liberdade, interrompen á dos demais. Así sucedía en Fisterra hai unhas semanas, cando un veciño nos contaba que este Alaska Malamute estaba sempre solto pola praza da Constitución. Malia ser un agarimo de can, o seu tamaño e o seu forte olor, corporal e das súas feces, meten medo aos veciños. Pero ninguén fai nada.

O dono parece ser que ten problemas de saúde. O Concello fisterrán, que debería avisar á Policía Local e que esta actuase, non move ficha, a pesar das chamadas dos veciños e mesmo das clínicas da zona, que sofren tamén as queixas populares.

A situación é complicada, e ás veces o final non é o desexado. De feito, un dos irmáns deste Alaska Malamute, que tamén andaba solto pola vila do Cristo, foi asasinado hai un par de semanas.

Cómpre que todos deamos un paso adiante para mellorar a convivencia, e que os Concellos da zona asuman as súas responsabilidades.

Que facer se atopas un can abandonado?

Cada vez que se atope un cadelo nas rúas das vilas da Costa da Morte hai que chamar ao concello correspondente e eles xa se encargaran de contactar coa empresa que teñan contratada para tal efecto. Ollo porque algúns concellos non teñen empresas veterinarias fiables e a recollida só remata en sacrifico.

Máis información de Salvacadelos

Novas relacionadas

Historias Bonitas de Salvacadelos

Fonte

Comentarios