Venres. 29.03.2024
El tiempo

"Quen vai empreder estando 9 días sen internet? Unicamente emprender a marcha coa maleta"

Unhas vivendas de Vilaestose
Unhas vivendas de Vilaestose
"Quen vai empreder estando 9 días sen internet? Unicamente emprender a marcha coa maleta"

Continúa a fenda dixital sendo unha realidade nas zonas esquecidas do rural galego como a nosa. A falta de infraestrutras de calidade, e a súa falta de mantemento, impide que poidamos ter unha conexión rápida, pero ademais segue provocando situacións tercermundistas, como as que viviron un cento de vivendas das zonas de Vilaestose, Coucieiro, Añobres e outros lugares do concello de Muxía.

9 días estiveron sen internet, e sen teléfono fixo, ata que deron devolto o servizo, sen apenas explicación, nin por suposto compensación. Todo comezaba a raíz dunha treboada hai agora case dúas semanas, na que a zona sufríu unha serie de apagóns continuos tan habituais. “A luz viña e marchaba, viña e marchaba e igual… Imaxino que as instalacións estarán como están e cando pasa algo así…” explicanos Eduardo Noia, un dos veciños afectados.

Despois de ducias de chamadas, intentando que non os toreen, "unha vez que consegues falar con alguén que pode saber que pasa só che di que se estropeara unha peza na central de Senande… non sei a onde a foron pedir”, bromea.

Non bromea xa cando reflexiona. “Estamos pagando un servizo que non temos. E para cobrar non fallan. Os 9 días deberían ser descontados da factura, pero practicamente nin recibimos unha disculpa”. “Hai xente que ten que teletraballar, xente vella depende do teléfono fixo para comunicarse coas familias e xusto nesas datas, ou para chamar á teleasistencia, hai negocios… Por iso que xa non digamos o dano familiar, persoal; con estes medios quen van empreder? Unicamente emprender a marcha coa maleta”, lamenta con ironía. “Cal é o futuro para alguén que dependa de internet para desenvolver a súa actividade económica? Que facía? Cando chegue aquí a fibra igual xa non estamos”…

E aproveita para lanzar un dardo ás administracións: “Por un lado falan do rural e por outro vacíano“.

Nesa sentido, é o BNG de Muxía o que onte lanzaba a alarma: “A compañía, neste caso Telefónica, ten que entender que a súa actividade non é só un negocio, senón un servizo público e o concello debería ter sido máis activo e esixente e non conformarse cunha simple reclamación”. Así, Carlos Concheiro, o voceiro do BNG muxián, ven de poñer esta situación en coñecemento do grupo parlamentar no Parlamento Galego para que, “non só formule unha pregunta pedindo explicacións, senón que inste á Xunta de Galiza a que cumpra co seu deber de asegurar os servizos públicos esenciais e exixa responsabilidades á empresa dun xeito urxente”.

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Comentarios