Venres. 19.04.2024
El tiempo

“Queremos ocio infantil, pero con garantías e calidade”

Algunhas das 148 empresas de ocio infantil en Santiago
Algunhas das representantes das 148 empresas de ocio infantil na reunión mantida en Santiago
“Queremos ocio infantil, pero con garantías e calidade”

Levan semanas os alcaldes da comarca pedindo información sobre os protocolos para desenvolver actividades de conciliación este verán. Máis preocupadas aínda están as 148 empresas do sector do ocio infantil de Galicia que onte se reunían en Santiago de Compostela para traballar xuntas para que “o colectivo de ocio infantil sexa valorado nestos momentos actuais”.

Así nolo explica Paula Rivadeneira, de Xopark Muros, unha das empresas participantes neste colectivo, que lamenta que se teña esquecido durante todo este tempo a tantas empresas do sector ( centros de ocio, empresas de animación e eventos infantís, campamentos, conciliacións…).

Dan o ano case por perdido, pero reclaman máis visibilidade. “Nestes momentos atopámonos apenas sen axudas e sen poder abrir con unhas garantías, moitos temos alugueiros moi altos e seguros e a situación nos leva a bancarrota, ou conseguimos que se nos teña en conta en axudas específicas, ou non poderemos subsistir a esta situación”, explican.

Ca chegada da Fase 3 poden abrir, pero non o teñen nada claro. “Non olvidemos que traballamos con un colectivo infantil e que o primordial e a seguridade dos pequenos e pequenas da casa, e esta situación xera moitas dúbidas, o uso de mascariñas en que idades, as medidas, produtos de limpeza... debemos coidar os nosos pequenos e pequenas e como empresas adicadas o ocio infantil si abrimos queremos que sexa con garantías e un respaldo administrativo”.

Novas relacionadas

Comentarios