Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Rafael Lema publica unha guía sobre o Camiño dos Faros

Rafael Lema no Faro Vilan copia
Rafael Lema no Faro Vilán
Rafael Lema publica unha guía sobre o Camiño dos Faros

Trala boa acollida do libro da Oca de Sebastián Vázquez, a editorial Editatum, a través da súa colección “GuíaBurros”, segue mergullándose na maxia do Camiño. Faino agora cun novo libro do noso escritor da Ponte do Poto, Rafael Lema. “Guiaburros: Camiño dos Faros é unha sinxela guía que percorre esa marabillosa senda de sendeirismo.

Lema fain fincapé serie de mitos, lendas e paraxes máxicos que nos imos a atopar ao facer o camiño, deixando claro que cada tramo ten as súas marcas de identidade. Son protagonistas persoeiros como a ave da chuvia, a raposa da mordasa, valugos, mouras, encantos, xigantes; a temible Mirta, o agresivo Xan, o bonachón pándigo,ou outras criaturas xa vellas amigas do caminante iniciado: Xerpa, Vakner, Orcabella, Buserana.  "Hai patrimonio natural e histórico, pero ante todo é unha dos lugares míticos de Europa, o Finisterre, son os camiños do fin do mundo antigo, desde onde contemplamos a morte do sol máis occidental". Ademais sinala que "é a Costa da Morte, o maior cemiterio mariño de Europa, a historia dos naufragios é un sinal característico. E é unha "ribeira sacra", toda a costa que imos percorrer estaba chea de pequenos monasterios na Idade Media, e levantáronse famosos santuarios que ocuparon os antigos lugares de culto e cristianizaron moitos mitos e lendas.
"Os cantís de Malpica, Corme, Touriñán mostran a verdadeira cara da Costa da Morte. Muxía é o gran santuario mariño galaico, todo un residuo do vello culto á dea, a deusa nai, a máis adorada na zona e en Galicia nas súas varias caras" indica o autor, que defende e quere revalorizar o Camiño dos Faros, "é a Costa da Morte propiamente, a que vai das illas Sisargas ao cabo Fisterra. Eu fun un dos primeiros colaboradores da ruta, e a idea era unir os faros do fin do mundo, da Costa da Morte pola costa, polos acantilados; pero hai algo máis que natureza".

Guiaburros Camino dos Faros-Rafael Lema

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios