Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Ramón Caamaño xa ten sucesor

Ramón Caamaño xa ten sucesor
Ao longo do día 10 de outubro un equipo de fotógrafos rendían a súa homenaxe ao grande muxián Ramón Caamaño participando no Maratón Fotográfico que leva o seu nome organizado polo Concello de Muxía, E xa sabemos os gañadores, unha vez que o pasado sábado 30 de outubro o xurado emitiu o seu fallo. E quen gañou se non? Marcos Rodríguez, como non podía ser doutro xeito. O compañeiro de QPC volve gañar un novo certame e segue acrecentando a súa lenda na bisbarra, O carballés, que conta cunha tenda de fotografía en Cee levou o 1º premio cun valor de 1.600 € máis diploma. Esta foto que reflicte a forza do mar muxián o revela.

Máis premios

O 2º premio (800 €) lévao unha fotografía de Guillermo Pazos, cunha imaxe directa, diferente, na que unha pequena do agro é a protagonista. E o 3º premio é para Gustavo González (400 €), con esta foto máis xacobea.

5 accesit

Ademáis acadaron os 5 accésits , que consistirán nunha fin de semana nunha casa rural da Asociación de Turismo Rural Muxía Natural, fotografías cuios autores son María Louro, Roberto Yagüe, Eduardo Verdes, Teresa Búa e Albito Diéguez.

Un premio con sentido

Este premio que se convocou para manter viva a memoria do fotógrafo muxián Ramón Caamaño, así como a promoción do patrimonio muxián, a dinamización turística e cultural do concello e a promoción da fotografía como actividade artística e de lecer reuniu máis de 200 fotografías que pasarán a formar parte do arquivo do Concello e que constitúen unha aportación valiosa e de calidade na que se reflexa o patrimonio cultural, natural e inmaterial que o municipio de Muxía ofrece ao peregrino que se achega ata aquí. Unha selección destas fotografías poderá verse na mostra que se inaugurará o mesmo día de entrega dos premios que será o 27 de novembro, coincidindo cunha xornada sobre Muxía e o Camiño. O Alcalde de Muxía, Félix Porto, en nome da organización do premio e do Concello agradeceu a participación e o traballo de todas as persoas participantes e anima a veciños /as e persoas doutros lugares a participar en anos sucesivos. A maratón serviu ademáis para que os participantes que non son do municipio tiveran un contacto directo co patrimonio e a natureza do concello muxián, e mesmo algúns deles manifestaron a grata sorpresa ante a riqueza paisaxística e patrimonial que atoparon ao percorrer o Camiño por terras muxiás para facer as súas fotografías. Hai que dicir tamén que debido ao tempo, durante os días do maratón o mar ofreceu un espectáculo de beleza inigualable que aparece plasmado en moitas das fotografías como símbolo da chegada ao mar que supón a fin do Camiño en Muxía. Este é o equipo de fotógrafos que participaron:

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Muxía.

Comentarios