Venres. 19.04.2024
El tiempo

A rapazada da Laracha aprende a producir menos lixo cos Bolechas

Aula Lúdica da Laraha
A rapazada da Laracha aprende a producir menos lixo cos Bolechas

A campaña Ti tes a Chave de recollida selectiva da quinta fracción orgánica, complétase na Laracha coa nova actividade medioambiental da Aula Lúdica municipal. Representantes do Concello fixeron entrega aos nenos de infantil e primaria da guía explicativa dos Bolechas “Como producir menos lixo”, para ser utilizada nos talleres de sensibilización ambiental que se están levando.

O obxectivo é concienciar ás nenas e nenos sobre a improtancia de reducir o máis posible os residuos e tamén a importancia de facer unha boa seleción para que o seu posterior tratamento e que poidan ser reciclados.

Comentarios