Imprimir

A rápida intervención dos Bombeiros impediu que o incendio dunha vivenda en Froxán afectase a outra colindante

que pasa na costa | 18 de febreiro de 2019

Incendio nunha casa en Froxán, Xornes
Incendio nunha casa en Froxán, Xornes

Esta mañá de luns rexistrábase un incendio no lugar de Froxán, en Xornes, Ponteceso. Sobre as 11:00h desprazábanse os Bombeiros de Carballo alertados polo 112, ademais do GES de Ponteceso, pois ademais o lume puido terse propagado a unha vivenda colindante de non ter actuado con rapidez.

Afortunadamente, os Bombeiros chegaron a tempo e puideron protexer a casa colindante para que o lume non puidese propagarse. Ademais, ningunha persoa resultou ferida, e só houbo danos material. A vivenda quedou completamente calcinada no interior, ademais de parte das uralitas e o tellado que colapsaron.

Despois da intervención, na que os Bombeiros empregaron 6.000 litros de auga, a casa afectada quedou balizada para que ningunha persoa entrase o interior xa que a consecuencia do incendio as vigas de contención de madeira quedaron danadas con perigo de colapso.

Casa incendiada en Froxan-PontecesoIncendio dunha casa en Froxan-Ponteceso 2

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/ponteceso/rapida-intervencion-bombeiros-impediu-incendio-dunha-vivenda-froxan-afectase-outra-colindante/20190218193609106801.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia