Xoves. 28.03.2024
El tiempo
José Luis Louzán
19:35
26/02/10

Realismo Vs Optimismo irracional

Realismo Vs Optimismo irracional
As verdades como puños de José Luis Louzán

Resulta que un coñecido me cuestiona sobre o meu habitual mal “café” e me da por pensar. ¿Por qué o ves todo en negativo?, me preguntan ¿é que nunca vas falar de nada en positivo?. Bueno, creo que a cuestión merece unha reflexión.

Levo anos instalado nunha liña de pensamento que me gusta calificar de realista. Non creo que haxa demasiadas cousas positivas fora das que teñen que ver con un mesmo e ca súa circunstancia vital, e de esas cousas prefiro non falar. Si son feliz porque quero a miña muller ou porque sae o sol de cando en vez e cousa miña e de ninguén mais. Non creo que sexa materia sobre a que elucubrar ou debater. Pero, ademais, non creo que a actual situación mereza de nada que non sexa critica feroz e exacerbada. Non creo no optimismo gratuíto. O optimismo irracional é en boa medida culpable da dramática situación laboral e financeira na que nos atopamos.

Criamos que eramos invencibles. “Unha economía sólida, gaste sen problemas, xa reporá. Os tipos de interese non han subir, seguro, xa verá. Invista, merque, gaste… sen complexos. Sexa optimista”. Claro. Que mellor maneira de convencer a un país enteiro de que algo que nunca tivo conexión coa realidade (hipotecas a pagar por contratados de fin de semana con soldos de 600 euros) era puramente real e factible. Sexa optimista, dicían. ¿E agora?, ¿Qué tal se son optimista co teu patrimonio?. ¿Qué tal si “aposto” por “investir” cos teus cartos?. ¿Por qué non es optimista, coma me pedías a min?. Non, claro… cando se trata do “lombo” propio acabase o “optimismo” ¿eh?...¿a que si?.

Algo parecido sucede coa actual campaña sustentada no lema amplamente publicitado en rúas e televisións “Esto solo lo arreglamos entre todos.org”. Unha serie de persoas anónimas e algún que outro político histórico e personaxe coñecida nos arengan na idea de que xuntos podemos saír da crise, no optimismo que deberiamos destilar para poder empurrar todos s unha, Fuenteovejuna, e tralala da mandanga. Todo baseado naquela expresión do mellor Kennedy “Non pense que pode facer o seu país por vostede senón que pode facer vostede polo seu país”…. Xa.

A ver se o imos entendendo. Se o estado non vai a encargarse de sacalas as castañas do lume cando eles mesmos as queiman ¿para que necesito un estado?. Se os partidos políticos non van na pescuda de consensos instigadores do revulsivo preciso para arrancarnos da miseria e o descontrol financeiro ¿para que preciso partidos e políticos?. Por resumir, si teño que pensar en arranxalo eu, ¿para que me gasto de catro a seis meses de traballo e xornal en impostos?.

Poñamos que pago por ter telefono a compañía telefónica e luz a eléctrica, pero non me poñen nin luz nin liña telefónica ¿Qué son?. Pois un tonto a las tres, un parvo de moito carallo, un idiota no sentido mais pexorativo do termo. Unha Rosa Díez calquera, para entendernos.

Eu pago, por ley, e por ley quero resultados… ou deixo de pagar. Non preciso nin a Angels Barcelo, nin a Roca i Junyent investidos do moi considerado e sobrevalorado optimismo irracional para que me digan que so entre todos podemos, “all together now”, etc, etc… Non. Isto é moi sinxeliño, e explicase en tres “patadas”; Anmistia fiscal, fondo de liquidación da débeda empresarial de PYMES e autónomos e nacionalización da banca que acudiu ou necesita acudir a fondos e empréstitos do goberno.

Iso, ou sexamos optimistas. Por todo isto non me sae falar sobre tontadas e buenismos. Prefiro o realismo comprensivo ao optimismo compulsivo. Cuestión de gustos.

  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.com).

Comentarios