Venres. 29.03.2024
El tiempo

Recunchos da Costa: Cabo Roncudo

Recunchos da Costa-Cabo Roncudo
As míticas cruces do Cabo Roncudo co faro ao fondo
Recunchos da Costa: Cabo Roncudo

Achegámonos a un sitio mítico da comarca de Bergantiños. O Cabo Roncudo é un deses espazos onde a natureza se mestura ca maxia. A forza do mar e o seu bruaar parece que che están meneando a pesar de estar en terra. Un lugar perfecto para contemplar a potencia da terra, a beleza da ría de Corme e Laxe e gozar dun solpor indescriptible.

Solpor no Cabo Roncudo

Rodeados de granito, estamos no lugar onde din que están os mellores percebes do mundo, sobre todo dende a chamada Pedra do Roncudo, que albiscamos na imaxe pequeniña, situada está a 1 milla do faro.

Pouca mención merece o Faro (construído en 1920 e de 11 metros de altura), que paisaxísticamente non aporta demasiado. Non así para as embarcacións, pois é unha zona perigosa para a navegación, coas pedras das Barrosas como grandes culpables de ducias de naufraxios como do barco austriaco que encaiaba 1897, ou o pesqueiro Gladiator, que10 anos máis tarde corroboraba a perigosidade das nosas augas.

Vista aerea do Cabo RoncudoNa cara norte do Faro Roncudo esta unha piscina natural cando hai baixamar
Na cara norte do Faro Roncudo esta unha piscina natural cando hai baixamar

Como chegar

Dende Corme, (e desppois de facer unha paradiña na Furna do Osmo) atravesas o porto e colles a estrada do Faro directamente.

 

RECUNCHOS DA COSTA

Comentarios