Venres. 29.03.2024
El tiempo

Recunchos da Costa: Os Petroglifos de Corme

Recunchos da Costa: Os Petroglifos de Corme
Petroglifos de Corme-Foto-Camino dos Faros

Hoxe, coa axuda dos intrépidos dos Trasnos do Camiño dos Faros, que ademais están pasando este domingo por aí, descubrimos unha das milleiras de paisaxes coas que nos podemos atopar polo litoral da Costa da Morte.

E facemos parada en Corme, termo municipal de Ponteceso, onde a construción dun parque eólico facía pública a existencia dunha zona de importante Arte Rupestre con, nada menos que, 17 puntos arqueolóxicos, entre eles 8 gravados ao aire libre.

E a parada máis importante é no Petón da Campaíña. Impresionante a súa forza, vixiando toda a ría de Corme e Laxe dende o máis alto do Promontorio de Corme, agochado nunha coviña granítica, ao que cómpre entrar pero non subirse a ela.
Dentro podemos ver gravados de cazolas de diversos tamaos, liñas variadas, círculos... e mesmo unha figura humana en relieve.

Son máis as copusas que hai que aproveitar na visita. 15 pedras laxas en forma horizontal forman o conxunto de "A Fieiteira" con motivos decorativos como óvalos, cazos, ou círculos.
Ollo tamén á zona da Regadiña, unha laxa enorme cono 19 motivos.

Petroglifos de Corme-Foto-Camino dos Faros 2 Petroglifos de Corme-Foto-Camiño dos Faros Mapa do Promontorio de Corme e os seus petroglifos-Fonte-Marco V Garcia Quintela e Manuel Santos Estevez Mapa do Promontorio de Corme e os seus petroglifos-Fonte-Marco V Garcia Quintela e Manuel Santos Estevez petroglifo-campainha-corme-debuxo Debuxo do Petón da Campaíña

Máis información

Comentarios