Recuperando o afiado saber da Regueifa de Bergantiños
11:33 14/12/17
Ata Feijoo (na TV, iso si) disfrutou da regueifa de Alba María, Lupe Blanco e Javier na Taberna o Mexillón
Alba Maria e Lupe Blanco as novas regueifeiras galegas
Vímolas no verán regueifando xuntas en Caldebarcos por primeira vez. Pero van camiño de convertirse nunha parella que revolucione o mundo da regueifa. A coristanquesa Lupe Blanco e a compostelá Alba María foron protagonistas onte na Taberna O Mexillón, onde se celebraba a presentación do libro-disco de Alba María, "A regueifa en Bergantiños”.
Un acto enmarcado no programa #Enregueífate, do Servizo de Normalización que dirixe Nel Barral.
Festa, risas e retranca uníronse para esta emotiva cita de recuperación patrimonial. As dúas regueifeiras rimaron canto quixeron e fixeron rir a todos os asistentes, e mesmo se arrincou un dos alumnos dos obradoiros que está desenvolvendo Lupe no Couto, Javier, a pelexar a base de coplas.
Houbo tempo ademais para recuperar aqueles nomes que fixeron grande a regueifa bergantiñá durante moitas décadas, e que hoxe recuperan estas dúas bravas.
Alba Maria presentando o seu libro disco Regueifa en Bergantinos
https://www.facebook.com/CulturaCarballo/videos/1534825996639019/
Novas relacionadas
Máis novas regueifeiras
- O Museo de Asunción abre por regueifa.
- De MZ a Baíñas: Regueifando con Fasido do Ribeiro.
- A Semana Cultural do IES de Baio: Moito máis que regueifa.
- O alumnado de Baio enreguéifase.
- A regueifa sigue viva no IES de Baio
- Coristanco di adeus ao seu último regueifeiro, Guillermo da Rabadeira.
- As Polafías da comarca de Bergantiños chegan ás escolas.
- Asunción Antelo: Coñecendo á voz feminina creativa máis salientable das terras de Pondal.
- E Rosalía tamén rendeu homenaxe a Fermín da Feiranova.
- A regueifa perde a Fermín da Feiranova, o máis antigo dos regueifeiros de Bergantiños.
- E a regueifa convertiuse en arte.
- Os Regueifeiros de Bergantiños volven á Escola e á Universidade.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).