Imprimir

Recuperando os campos de concentración franquistas de Muros

que pasa na costa | 31 de maio de 2012

Visitará Muros o III Seminario sobre a Memoria, que artellan os Departamentos de Ciencias Sociais do IES Felix Muriel de Rianxo e do IES Melide, e mais o Movemento de Renovación Pedagóxica Nova Escola Galega. Un seminarios que percorrerá os campos de concentración franquistas de Padrón, Muros, Lousame e o Barbanza estes 1, 2 e 3 de xuño.

A actividade central do Seminario consistirá no percorrido por algúns dos espazos ocupados polos campos de concentración, pero inclúese tamén no programa o visionado de películas e documentais. Un dos protagonistas será Francisco Martínez, Quico, guerrilleiro que formou parte da partida do mítico Girón, acompañará outros coñecidos especialistas na Memoria nun percorrido que durará dous días e medio.

  • Vimianzo busca experiencias da resistencia franquista cun Certame.
  • O BNG rexeita a proclamación de tres alcaldes da época franquista como fillos predilectos de Muros.
  • Muxía dá voz ás Silenciadas.
  • Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 1).
  • Luis Lamela tamén Escapa por Corcubión .
  • Fonte

    Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/muros/recuperando-os-campos-de-concentracion-franquistas-de-muros/20120531074548070596.html


    © 2019 que pasa na costa

    COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA