Venres. 29.03.2024
El tiempo

Recuperando os Castros Nerios, os castros máis occidentais de Europa

Recuperando os Castros Nerios, os castros máis occidentais de Europa
Castros Nerios en Fisterra-Foto-Jose Jacobo Rios Impresionantes as Xornadas dos Castros Nerios en Fisterra-Foto-Jose Jacobo Rios

Segue a Costa da Morte situándose á vangarda da Arqueoloxía Social galega. Despois dos exitosos exemplos na Croa do Castro de Cerqueda, nas Croas de Niñóns, no Castro de Mallou ou na Torre dos Mouros, especialistas galegos trasladáronse ata Fisterra esta pasada fin de semana.

Falamos do Proxecto dos Castros Nerios, que arrincaba este sábado 12 de decembro, con moito futuro e moita ilusión. Foi nunha xornada doble, con saída guiada ata lugares concretos, e unha charla máis técnica pola tarde. E como tanto nos gusta, calificaron Castromiñán como o Castro máis occidental de Europa, dando conta de que estamos ante dous xacementos que constitúen unha extraordinaria oportunidade para Fisterra.

A pé de historia

Torres do Castro Castelo en Castrimonan-Foto-Jose Jacobo Rios copia Torres do Castro Castelo en Castrimoñán-Foto-Jose Jacobo Rios

Unhas 75 persoas participaron na andaina, que partía dos cantís da zona de Castromiñán, un dos lugares a recuperar. Expertos e camiñantes quedaron marabillados co espectáculo natural, especialmente o formado polos cantís das Torres do Castro Castelo.

Sobre o xacemento próximo á Castromiñán, os veciños do lugar que participaron na andaina, denomináronno de varias formas :os castros, a torre e o castelo de Castromiñán, recordándolle aos arqueólogos que de nenos o foxo tiña moita máis profundidade, e había á vista muros. Que de alí sairon moitas pedras para casas de Castromiñán.
Os especialistas incidiron nas espectativas e especial valor científico que pode deparar un estudo e prospeccións do propio xacemento e do seu entorno inmediato, moi pouco alterado e transformado grazas á escasa aptitude agrícola e forestal do sitio.

O interese científico radicaría en atoparnos nunha auténtica fortificación sen ser un castro ao uso. O emprazamento invita a pensar unhas condicións duras, e non descartan que se vivirá máis ben hacinados, pola escasa superficie no interior do castro. Sería un castro pensado, non na comodidade dun asentamento de máis marcada tradición agrícola, senón máis pendente na defensa e situado nunha posición estratéxica e de vixianza sobre o mar.

Tamén impresionou o Castro de Duio, do que destacaron que se aprecia moi ben todo o recinto, cos distintos foxos e muros. Mestarían á vista partes do muro orixinais. O dominando Val de Duio trátase dun castro máis convencional, de marcada vocación agrícola e cunha impresionante vista sobre o Monte Pindo.

  Xornada Castros Nerios en Fisterra-Foto-Martino Nercellas copia Xornada Castros Nerios en Fisterra-Foto-Martiño Nercellas

Como será o proxecto de “Arqueoloxía social”?

Foron interesantes e cercanas as explicacións que deron os especialistas, tanto na andaina como nas charlas da tarde. Básica esa cercanía para involucrar á veciñanza nestes proxectos de “Arqueoloxía social”. Informacións arqueolóxicas, biolóxicas, ecolóxicas, turísticas… que dan conta da potencialidade deste proxecto.

Os expertos esperan atopar algo no lugar, polo que vai haber xornadas sociais, sobre todo para limpar a zona de maleza, para facer as excavacións seguindo a filosofía de traballo da Torre dos Mouros. O caso é que no xacemento de Castromiñán, o proxecto pretende afondar en obter máis información, utilizar técnicas de prospección con escáner do solo, pero sempre cun grado de intervención de baixo nivel de impacto con moi pouca excavación, pero si empregar tecnoloxía avanzada que permita coñecer mellor o seu valor científico arqueolóxico.

Do Castro de Duio, os especialistas apostarían por un maior grado de intervención e conveniencia da súa posta en valor, puidéndose convertir nun xacemento que reproduciría moi ben aos visitantes as características dun castro. Aínda así, a idea é avanzar en primeiro lugar coas investigacións de Castromiñán.

O proxecto centrará unha parte importante no coidado e atención á divulgación dende o momento cero. A idea é ensinar a medida que se vaian sacando a luz evidencias e testemuños di que foi a vida neses castros, así como favorecer a implicación local participando tamén cos arqueólogos.
Para iso contará coa participación de expertos na comunicación e edición de materiais diversos, con 3D e infografías. Todo centralizado nunha páxina web, que cando menos tamén tratará de atraer ao público británico e francés, con tradución a ambos idiomas, e contando coa implicación de organismos extranxeiros, e tamén co CSIC

Máximo valor ambiental

Na parte ambiental salientouse que o xacemento de Castromiñan non está nun lugar calquera. Que precisamente o alto grado ecolóxico do lugar complementa as posibilidades de visita ao xacemento. Así, destacouse que o sitio pertence á Zona de Máxima Protección que preveé a Rede Natura 2000, por albergar, ademais de hábitats de interese comunitario, hábitats prioritarios de estrita protección. Que destacarían as dunas colgantes salpicadas polos cantís, a 30 metros de altura, sendo unha formación inusual en todo o litoral peninsular. O valor botánico pola posible presenza de algunhas plantas catalogadas como ameazadas que medrán nas dúas correntes de auga que desembocan sobre os cantís.

É ademais dun emprazamento moi bo para ver o paso migratorio de aves mariñas e de cetáceos. E que nas paredes dos cantís existen colonias de aves mariñas de considerable valor.

En primavera, adiante

“Disfrutamos moito de un día especial. Agora toca mover ficha para poñer en marcha o proxecto tan pronto como sexa posible”, sinala o teniente de alcalde Kuka Sar, pendente de posibles axudas da Deputación. Xa hai algunha cifra enriba da mesa, pensando que en 3 anos faría falta uns 125 mil euros para facelo unha realidade. “Se hai sorte, en primavera empezarían os traballos”, avánzanos Sar.

Iso si, os dous xacementos deberán conter previsións de planificación na ordenación urbanística do próximo PXOM, pensando ademais na súa posta en valor cos roteiros sinalizados previstos.

Novas relacionadas

Novas de arqueoloxía social na Costa da Morte

Fonte

Comentarios