Venres. 29.03.2024
El tiempo

A rede carnotá mantense activa por corentena

Actividade na rede carnota
A actividade musical e deportiva invade a rede carnotá
A rede carnotá mantense activa por corentena

A estas alturas por Carnota tiñan que estar de resaca da Mostra de Promoción Local Víndemo Ver. De feito, dende o Departamento de Cultura e Normalización xa tiñan preparada boa parte da programación do mes das Letras Galegas. Pero a parálise do ensino (non contan con que as clases se reanuden en todo o mes de maio e hai que pensa que ata setembro non se volverá) provoca unha realentización dos procesos.

Pero conscientes de que nesta época a música, o deporte e a cultura axudan máis que nada, non deixan que pare, e non lle poñen un punto a tanto traballo feito; só unha coma, para continuar doutro xeito, en letra cursiva.

Así, a actividade municipal da rede continúa achegando contidos continuos para seguir tecendo os furados da fenda dixital e manter o contacto coa veciñanza. Xa fixemos unha viaxe pola singular xincana virtual polos tesouros de Carnota, e hoxe coñecemos como funcionan os outros departamentos.

Cultura

Dende a a páxina de Facebook da Axencia de Lecturas Municipal, pide mensaxes de ánimo a través dos debuxos da rapazada, que mandan ao [email protected].
Ademais dende a Biblioteca comparten recursos relacionados co mundo do libro e da lectura, así como iniciativas culturais e educativas que contribúan a sobrelevar a corentena.

Paralelamente a oficina continúa a tramitar as subvencións e programas (aínda que os prazos están parados, nós podemos tramitalas e mandalas igualmente) como a Rede Cultural, a da Deputación para Escolas de Música, a da axuda á contratación dun/ha animador/a cultural, etc.

A música non para

Non para a Escola Municipal de Música. Os 5 mestres da ESMU seguen dando caña a través do Facebook, do instagram e do whatasapp co alumnado. “Colgamos vídeos de pautas para o estudio na casa, mandamos exercicios escritos para realizar cada un a través de whtasapp e que nolos devolvan feitos para corrixirlles, escoitamos e vemos os seus vídeos tocando e explicámoslle onde poden corrixir o tempo, a postura, as notas etc, colgamos os vídeos deles nas redes tocando para alegrar ó resto da xente etc etc etc e nun principio non creas que se animaban moito a que os colgáramos para que os vise todo o mundo, pero xa na segunda semana, ao verse uns aos outros, empezaron a deixarnos case todos”, explica Alianza Uhia.

É certo que polo de pronto participa moito máis o alumnado infantil e adolescente que o adulto, pero pouco a pouco empézanse a animar tamén.

Deportes

Os dous técnicos deportivos do Concello, Fernando Rodríguez e María Lestón, non paran de mandar vídeos á web do Concello de pautas de exercicios para estar en forma dende casa, con material que todos temos nas nosas casas.

E a maiores, María Lestón, imparte clases pechadas a través dunha aplicación 3 veces á semana a un grupo de 15 alumnas/os das Escolas deportivas. Son máis personalizadas e un pouco máis duras que as que se publican na web, e unha vez finalizadas, tamén llas manda por mail a outras tantas usuarias que non as poden realizar en directo. Se hai máis alumnas das escolas deportivas que está interesado en facelas, pode mandarlle un mail a [email protected] e pódense unir a estas clases tamén.

 

Novas relacionadas

Comentarios