Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Rede de Museos Atlánticos, REMA, abre as súas portas a outros espazos dende Muros

A Rede de Museos Atlánticos, REMA, abre as súas portas a outros espazos dende Muros
A alcaldesa de Muros fixo de anfitriona na reunión da Rede REMA na Fábrica de Sel de Muros A alcaldesa de Muros fixo de anfitriona na reunión da Rede REMA na Fábrica de Sel de Muros

Este xoves a Fábrica de Sel de Muros acollía unha importante reunión da Rede de Espazos de contido Museístico Atlántico, REMA, un proxecto colaborativo dos Grupos de Acción Local Pesqueira galegos deseñado con vocación europea. A presentación, ante representantes e técnicos de diferentes entidades, serviu ademais para anunciar a apertura de prazo para facer novas adhesión ata o 30 de outubro.

Esta rede preséntase como “un exercicio de cooperación ao servizo da cultura e o patrimonio marítimo”, cuxa creación “demostra que sumando esforzos podemos acadar importantes metas”. Para a responsable do colectivo, esta experiencia supón “a expansión dun proxecto nacido en Galicia polo Atlántico europeo”, que ten como fin “a necesaria labor de potenciar o papel dos museos e exposicións como recurso turístico dos territorios costeiros, sexan pequenos pobos ou grandes cidades”.

Na Costa da Morte, ademais da propia Fábrica de Sel de Muros, tamén está inserido na Rede REMA o tamén muradán Museo do Pozo de Cachón, o Museo do Mar de Laxe, o Ecomuseo do Forno do Forte de Malpica, o Museo da Pesca de Fisterra e o Museo de Man de Camelle. E moitos máis poderían adherirse, como queren facer varios museos franceses como o portugués de Ilhavo.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-rede-de-espazos-museitico-atlantico-celebra-un-encontro-en-muros/

Comentarios