Venres. 29.03.2024
El tiempo

A rede lembra os 18 anos da catástrofe, e a marea de solidariedade, do Prestige

pavillon de Corcubion durante o Prestige-Fotos-Felipe
Esceas da marea branca no pavillón de Corcubión durante o Prestige. Fotos-Felipe
A rede lembra os 18 anos da catástrofe, e a marea de solidariedade, do Prestige

Este 13 de novembro, como cada ano dende 2002, a rede galega lembra a catástrofe e o Prestige e berra o #NuncaMáis. Cómpre berralo ben alto para non caer no mesmo erro. Para non ter que curar esa ferida.

Unha ferida que aínda emerxe cada ano coas mareas vivas, como comprobamos este verán coa aparición de novas galletas de chapapote nos areais da comarca.

Pero a data sérvenos tamén para lembrar a marea branca que veu salvar ao noso litoral da catarsis medioambiental, e política, que vivimos aqueles días. Moitos lembramos aqueles pavillóns ateigados de xentes de todo o mundo. Moitos lembramos tamén os que quedaron para sempre.

 

Novas do #Prestige

OS VOLUNTARIOS QUE CAMBIARON A COSTA

SEGUEMENTO DO XUÍZO DO PRESTIGE

Comentarios