Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A reforma do Eleuterio Balayo, en camiño

Concelleiros e alcaldesa de Muros co presidente da RFGF
Concelleiros e alcaldesa de Muros co presidente da RFGF
A reforma do Eleuterio Balayo, en camiño

O Presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, achegouse a Muros, para reivindicar a rehabilitación do campo de Eleuterio Balayo. Un campo que pide a berros case que unha reforma integral, pois dende o tapete, pasando polos vestiarios e outras infraestruras están asbolutamente deteriorados.

O presidente do ED Miúdos, Vinto, así como o concelleiro e a alcaldesa Inés Monteagudo, Louzán recoñeceu a necesidade de afrontar estas obras, demandadas dende hai anos polos clubs locais. Asi, a RFGF ofrece a creación dun informe coas necesidades básicas para que o Concello, co apoio da Deputación ou a Xunta, afronten as obras.

Ademais, a visita serviu para abrir novas vías de colaboración en materia de formación.

Eleuterio Balayo anegado
Así de anegado queda o Eleuterio Balayo cando cae algo de chuvia pola mala drenaxe do céspede

Comentarios