Xoves. 28.03.2024
El tiempo
Anxo Garrido
11:15
17/07/13

#regateegol: Anxo Garrido volve con máis entrevistas nas que podes participar

#regateegol: Anxo Garrido volve con máis entrevistas nas que podes participar

Xa levamos nada menos que 32 entrevistas dende que en marzo de 2011 o compañeiro Anxo Garrido se animase a poñerse tras das cámaras. Gracias a el coñecemos mellor as persoas que hai detras de moitos futbolistas da bisbarra, e queremos seguir facéndoo.

E coa vindeira campaña vaille darlle unha volta ao formato, e quere que todos poidades participar, enviando as preguntas que lle faríades e os xogadores a quen llas faríades polo twitter a través do hastag #regateegol.

Ademais, vai realizarlle unha proba a cada entrevistado, para ver ao final de temporada quen é o xogador que máis toques lle dá ao balón. Ese recibirá ao final da campaña o premio #regateegol.

Aí vos deixamos con el!

Máis video entrevistas de Anxo Garrido

Fonte

Anxo Garrido de quepasanacosta.gal

Comentarios