Venres. 29.03.2024
El tiempo

Regoelle, a tea de araña dos eólicos da Costa da Morte

Regoelle, a tea de araña dos eólicos da Costa da Morte
Subestacion de Regoelle-Dumbria Subestación de Regoelle vista dende o aire Despois de falarmos da estafa aos propietarios das fincas afectadas polas liñas de evacuacións eléctrica, ou das trampas na negociación das repotenciacións dos parques, hoxe toca repasar cales son os vindeiros movementos do Plan Eólico na Costa da Morte. Un plan que pasa pola instalación de 19 parques na bisbarra despois da aprobación da chamada Lei de Depravación de Galicia, e que recupera parques eólicos mesmo proxectados en 2011. De feito, o de Muxía xa están en plena fase de construción), e dos 19 previstos, 15 levarán a súa liña de evacuón á subestación de Regoelle (Olveira, Dumbría), o novo nó da rede eólica da comarca. A empresa semipública Red Eléctrica Española foi a encargada de construir esta subestación de 220 kV nestes pasados anos, está conectada coa estación do Mesón do Vento, e á que se irán conectando os parques de Mazaricos, Vimianzo, Zas, Coristanco, Santa Comba, Muxía… Como nos comentaba Jado Diéguez, de Ventonoso, “Regoelle convertirase nunha auténtica tea de araña, vai quedar rodeado de cables e grandes postes e tendidos eléctricos”. Aínda queda moita xente por joder.

Parques eólicos que evacuarán na subestación de Regoelle

Instalación Concellos afectados Promotor Potencia (MW)
P.E. Campelo Coristanco e Santa Comba Kaekias S.A. 42
P.E. Monte Tourado-Eixe Vimianzo Fenosa Wind S.L. 36
P.E. Lagoa II Zas Engasa Lagoa S.L. 24
P.E. Lagoa I Zas Viruleiros S.L. 16
P.E. Monte Tourado Vimianzo Norvento S.L. 21
P.E. A Ruña II Mazaricos e Dumbría Eurus Desarrollos renovables S.L.U. 21
Biomasa Mazaricos Mazaricos Gas Natural Fenosa Renoavables S.L.U. 10
P.E. Outes Serra de Outes Eólica Galenova S.L. 27
Ampliación P.E. Virxe Carnota-Mazaricos Ceólica S.L. 4
P.E. Alto das Agras Carnota-Mazaricos Ceólica S.L. 6
P.E. Monte Tourado Vimianzo Sistemas Energético Edreira S.A.U. 6
P.E. Alto da Croa Vimianzo Gamesa Energía Galicia S.L. 8
P.E. Alto da Croa II Vimianzo Sistemas Energéticos Umia S.A.U. 24
P.E. Paxareiras II Mazaricos AV Paxareiras S.L.U. 24
Total conexión á Rede de Transporte no Nó de Regoelle 220Kv     261

Artigos eólicos

Novas eólicas

Máis novas

Fonte

Comentarios