Imprimir

Unha regueifa escolar contra os recortes en pediatría

que pasa na costa | 02 de abril de 2019

A regueifa está vivindo unha segunda xuventude dende as escolas da Costa da Morte. Xa o vimos coa Regueifa medioambiental do cole de San Vicenzo. Agora tócalles á rapazada de 5°de primaria do CEIP Labarta Pose de Baio, que vén de protagonizar unha regueifa absolutamente simbólica do que vive a veciñanza de Zas nestas datas coa loita contra os recortes en pediatría.

A mestra pediulles unhas estrofas de temática libre e o alumnado tomou o reto en clave reivindicativa. Así naceu a regueifa “O Pediatra”, que recolle a Coordinadora Zas sen recortes en pediatría como proba da conciencia social que está tomando a veciñanza.

Primeiro cantárona nunha sesión interxeracional no Xeriátrico de Vimianzo e posteriormente decidiron gravala, quedando tal que así:

Novas relacionadas

Máis novas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/zas/regueifa-escolar-recortes-pediatria/20190402114111108255.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA