Venres. 19.04.2024
El tiempo

Reiteran a denuncia sobre as verteduras constantes de augas residuais a ría de Corme e Laxe

Reiteran a denuncia sobre as verteduras constantes de augas residuais a ría de Corme e Laxe
Vertido de augas residuais en Neano 1 Vertido de augas residuais en Neaño

Hai 15 días varias asociacións denunciaban a presencia de vertidos de augas residuais no lugar de Neaño, directas ao esteiro do Anllóns e á ría de Corme e Laxe. Pero parece que non se están tomando medidas para solventar a situación. A asociación Petón do Lobo comprobou que non se trataba dun verquido accidental, se non que se trata “dun fallo na rede de saneamento municipal remata con verteduras permanentes á ría”.

Deste xeito, “boa parte da carga residual da veciñanza de Neaño remata directamente na ría a través dunha tubaxe que verte a un salgueiral próximo á primeira liña do litoral, e cando hai verteduras abundantes, as filtracións das augas residuais cólanse por debaixo do paseo marítimo ata chegar ao mar”, denuncia a entidade. Así, “os malos cheiros e a presenza de roedores e insectos en cantidades importantes, alarmaron a algunha veciñanza próxima, que alertou dos fallos á Xunta de Galicia e ao Seprona”.

A entidade denuncia que nin Concello nin a empresa que xestiona as augas municipais, a coruñesa OGPO, S.L informasen á veciñanza da parroquia de Canduas de tal problema, que impide conectar as residuaus coa depuradora de Lodeiro.

punto inicial verquido de augas residuais en Neano Punto inicial verquido de augas residuais en Neaño Auga da villa en Canduas

AUGAS EN MAL ESTADO

Paralelamente, veciños de Canduas levan estes días con problemas no servizo doméstico de augas, pois esta é a auga que está saíndo da villa...

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/denuncian-vertidos-continuos-de-fecais-ao-esteiro-do-anllons/ https://quepasanacosta.gal/as-toallinas-o-gran-inimigo-dos-rios/

Comentarios