Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Rematan o trazado definitivo da Vía Mariana, a ruta que une santuarios marianos dende Braga a Muxía

Rematan o trazado definitivo da Vía Mariana, a ruta que une santuarios marianos dende Braga a Muxía
Sinalizando a Via Mariana Sinalizando a Via Mariana Caminos da Via Mariana Camiños da Via Mariana Tras unha reunión o pasado 16 de novembro en Baíñas, e outra celebrada este sábado 1 de decembro en Muxía, a Asociación Vía Mariana vén de rematar o trazado definitivo desta nova ruta de peregrinación que une santuarios marianos dende Braga a Muxía. A entidade, que xa está sinalizando parte dos 370 kilómetros de percorrido, compartiu cos socios os últimos detalles do trazado definitivo da Vía Mariana desde Santiago de Compostela ata Muxía, deixando patente que a vía Mariana comparte tramos do seu trazado, dende Negreira, co recuperado Camiño de Santiago por Brandomil. Á reunión muxiá asistiron os ideólogos da Vía, Luis do Freixo e Jose de La Riera, así como o alcalde de Muxía, Félix Porto, Santiago Toba, concelleiro de xuventude e Deportes, o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, a alcaldesa de Santa Comba, María José Pose, a conselleira de cultura de A Baña, Alicia Blanco, membros das asociacións Lumieira de A Baña, A Pereira (Santa Comba), Grandemirun de Zas, Baiñas no Camiño, asoc. veciños de Berdeogas (Vimianzo) e o anfitrión e xerente de Bela Muxia, Pepe Formoso. A seguinte cita será o vindeiro 15 de decembro, unha Asamblea Extraordinaria en Padrón, para dar a coñecer aos socios e convidados os traballos desempeñados e dicidir a data da inauguración oficial da ruta.

Novas relacionadas

Comentarios