Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Rematou o ERTE de XEAL pero a actividade productiva dás ferroaliaxes é inferior ao 8% da súa capacidade

O comité prepara un novo calendario de mobilizacións para esixir o rearranque dos fornos, o plan de viabilidade e as inversións comprometidas
Foto nocturna de Brens de Eloy Cambeiro
Rematou o ERTE de XEAL pero a actividade productiva dás ferroaliaxes é inferior ao 8% da súa capacidade

O pasado venres remataba o ERTE de XEAL. Pero a actividade produtiva nas fábricas non subirá. Así llo confirmaba a a dirección de XEAL (antiga Ferroatlántica de Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas) ao Comité nunha reunión o pasado venres, deixando claro que só ten intención de manter operativos dous dos cinco fornos. As cifras que aporta o Comité son duras: A día de hoxe a actividade productiva dás ferroaliaxes é inferior ao 8% da súa capacidade.

Unha decisión que para os traballadores confirman a idea de que “o ERTE era unha fraude, que non existían causas e que o único obxectivo da empresa era aproveitar a crise sanitaria para afianzar o plan de paralización dos fornos, desmantelamento das factorías e recorte de emprego”.

O Comité segue esixindo, un ano despois da compra do complexo, o Plan de Viabilidade ou os investimentos comprometidos, mentres as fábricas sufriron un “recorte progresivo da produción e do emprego directo e nas auxiliares e subcontratas”.

Por todo isto, o Comité estudiará retomar un calendario de mobilizacións a realizar nas próximas semanas para esixir o rearranque dos fornos e garantías de futuro das fábricas e dos empregos.

A Xunta

Non esquece á Xunta o Comité, que ten que esixir o Plan de Viabilidade ao que obrigan as cláusulas das concesións hidroeléctricas. Unha produción hidroeléctrica que xenera uns beneficios de 5 millóns de euros ao mes durante este inverno. “A empresa beneficiase de axudas públicas e concesións hidroeléctricas pólo que a consellería de industria tén a obriga de fiscalizar a venta e comprobar o grado de cumplimento de ditas concesións para garantir a actividade industrial e postos de traballo”, demandan.

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA

Comentarios