Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A renovación da cuberta do edificio de Talleres do IES Fernando Blanco comezará en setembro e durará 2 meses

IES Fernando Blanco-Foto-Juan Manuel Lado Castro
IES Fernando Blanco-Foto-Juan Manuel Lado Castro
A renovación da cuberta do edificio de Talleres do IES Fernando Blanco comezará en setembro e durará 2 meses

En breve comezarán as obras de renovación de parte da cuberta do IES Fernando Blanco. A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vai realizar, cun importe de 135.517,37 €, o cambio de cuberta do Edificio de Talleres situado na parcela do instituto, os dous edificios anexos que hai pola parte traseira do Instituto que se empregan para os módulos de automoción e electricidade e mantemento.

En concreto está previsto retirar a actual cubrición de fibrocemento por unha nova realizada en chapa metálica sándwich. Así mesmo, substituirase a carpintería de formigón por outra metálica con acristalamento a base de pranchas de policarbonato.

As obras compatibilizaranse a partir de setembro co curso escolar, sempre baixo as máximas medidas de seguridade.. Os traballos teñen un prazo de execución de 2 meses.

Comentarios