Requisados 131 quilos de ourizo nun control contra o furtivismo en Corcubión
19:02 07/11/17
Os Gardacostas requisaron, ademais dos 131 quilos de ourizo, once capachos, dous trueiros e tres salabardos de rede
Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia - dependente da Consellería do Mar - comisaron esta mañá 131 quilos de ourizo nun control contra o furtivismo desenvolvido en Corcubión. Ademais requisaron 11 capachos, dous trueiros e tres salabardos de rede.
Toda a mercadoría estaba sen identificar e foi requisada polos axentes na zona da Amarela. Este operativo enmárcase no conxunto dos controis que efectúa diariamente o Servizo de Gardacostas para evitar a extracción e comercialización ilegal de produtos pesqueiros e marisqueiros.
Novas relacionadas
- 09-08-17: Requisan outras 100 nasas sen idenficar nas rías costeiras
- 24-07-17: Requisan 320 nasas ilegais en Corcubión.
- Xullo 2017: Requisados 122 quilos de marisco en Muxía e Camariñas.
- 11-04-17: Requisados 27 quilos de peixe e marisco na ría de Corme e Laxe
- 13-10-16: Novo comisos de peixe, marisco e artes ilegais en Camariñas e na ría de Muros
- 27-09-16: Gardacostas decomisa máis de 1000 aparellos e 500 kg de peixe e marisco furtivo na ría de Muros e Sardiñeiro.
- 03-02-16: Comisan 1755 quilos de mexilla furtiva da Reserva Mariña dos Miñarzos.
Artigos para calafatear
- Un día especial na vida dun percebeiro.
- Calafateando: Bañistas si. Furtivos… non, grazas!!!.
- Diario dunha mariscadora.
- A veda do polbo: necesaria… pero suficiente?.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Consellería do Mar.