Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Rescantan a un peregrino en helicóptero

Rescantan a un peregrino en helicóptero
Peregrino en acantilado

Xa non é a primeira vez que acontece. Pero desta volta tivo que ser o helicóptero da Garda Civil o que saíse para o rescate. Un peregrino barcelonés, de 65 anos, perdíase nun cantil entre Lires e O Rostro. O helicóptero do Instituto Armado localizouno exhausto e sen posibilidade de saír polo seu propio pé do lugar.

Foi a tripulación do aparello do helicóptero a que unha hora máis tarde de dar o 112 o aviso (ás 12:00h), tras centrar o rastrexo na zona comprendida entre Lires e O Rostro, localizaban ao peregrino na parte superior dun acantilado, en unha zona de vegetación alta e espesa que impedía por completo o seu visibilidad desde calquera outro punto terrestre.

Tras realizar as manobras de rescate oportunas os gardas civís lograron subilo a bordo do helicóptero e, ante o evidente estado de extenuación que presentaba, xa que ata había que axudarlle a camiñar, e as diferentes magulladuras e contusiones que sufrira, decidiron evacuarlo ata o hospital de Cee, onde foi atendido polos servizos médicos.

A bordo del helicoptero

Novas relacionadas

Fonte

  • GC.

Comentarios