Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Rescatado un sueco tras sufrir un incendio a bordo da súa embarcación preto de Malpica

A Garda Civil sufocando un incendio preto dunha embarcacion de Malpica
A Garda Civil sufocando un incendio dunha embarcación preto de Malpica
Rescatado un sueco tras sufrir un incendio a bordo da súa embarcación preto de Malpica

Este domingo tivo lugar un rescate a unhas 7 millas de Malpica, preto das Illas Sisargas. Un home de nacionalidade sueca atravesaba a Costa da Morte na súa embarcación cando sufría un incendio a bordo pasadas as 16.00. De contado, a lancha de Salvamento que a Cruz Vermella ten en Malpica acudiu ao rescate.

O 112 mobilizou tamén ao helicóptero Helimer, á embarcación da Garda Civil, COS, Policía Local e 061. Foi a embarcación da GC. Jallas a que sufocaba o incendio, e foi a embarcación da Cruz Vermella a que salvou ao home e o trasladou ao porto de Malpica, desde onde foi trasladado ao Hospital CHUAC da Coruña. 

A Garda Civil sufocando un incendio preto dunha embarcacion de Malppica

Comentarios