Venres. 19.04.2024
El tiempo

Rescatan un barco de pesca que varou en Corcubión polo temporal

Rescatan un barco de pesca que varou en Corcubión polo temporal
[Última hora - 19:00h] - Gracias á chegada da grúa, o "Madre Amelia" xa está en terra. Fíxose imposible trasladalo ata Fisterra e mesmo ata Brens por se afundía, i é que se precisaron ata 4 bombas de achique. Traemos as fotos de Xusto Gómez do rescate. [Última hora - 15:00h] - Aproveitando a pleamar, os dispositivos de salvamento marítimo e dúas embarcacións de mariñeiros da zona, remolcaron o "Madre Amelia", semiafundido, ata o porto de Corcubión. A embarcación terá que ser trasladada ata Fisterra para a súa reparación. O barco de pesca de José Senra, "Madre Amelia", de Duio (Fisterra), varou a pasada noite no porto de Corcubión. A tremenda treboada que está a afectar ao litoral costeiro, que amenaza con Alerta Vermella por mar de fondo, xa tivo as primeiras consecuencias. E se ben a flota de toda a Costa quedou amarrada, non debeu quedar de todo prendida. Así, e como ocorría o pasado mes de setembro cando un veleiro varaba na vila de San Marcos, un barco precisa rescate. Nestes momentos un equipo de Salvamento Marítimo e varios barcos de mariñeiros da zona traballan para intentar remolcar a porto a embarcación, mentres Salvamento Marítimo vixía dende o medio da ría. Pero semella que poderían agardar á pleamar, que será arredor das 15:00h. O barco agarda ser rescatado varado nas pedras unha zona a cabalo entre Cee e Corcubión. Unha zona onde aínda non hai paseo polo que os accesos están a ser acondicionados por operarios do Concello que están a cortar a maleza na zona. E un paseo, por certo, que terá que agardar, e moito, i é que como nos contaba o propio alcalde de Corcubión aínda está en fase de redacción e son moitos os pasos que aínda ten que pasar.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios