Mércores. 24.04.2024
El tiempo

14 Concellos soben á segunda onda da Reserva Mundial de Surf Costa da Morte

IMG-6102
Presentación celebrada hoxe
14 Concellos soben á segunda onda da Reserva Mundial de Surf Costa da Morte

Vai en serio. Non puido ser as primeira xa que na anterior convocatoria a proposta de Costa da Morte chegou á última fase pero finalmente gañou Playa Hermosa, en Costa Rica. Pero a comarca non se rende e a Deputación, co apoio da CMAT, segue batallando.

Así o demostraron este mércores 15 de outubro, cando 14 concellos da Costa da Morte asumiron o compromiso de levará aos seus próximos pleno a declaración institucional para sumarse á Reserva Local de Surf.

Son os concellos da Laracha, Cabana, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Laxe, Malpica, Muxía, Ponteceso, e Vimianzo os que aprobarán nos seus plenos unha iniciativa para declarar a Costa da Morte, Reserva Local de Surf.

Un paso para candidatarse de novo a Reserva Mundial de Surf.

"Aprendemos da primeira experiencia", asegurou Xosé Regueira, O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira. "Agora temos que sumar máis apoios institucionais e sociais e defender o proxecto con todos os nosos recursos".

O vicepresidente da CMAT, José Manuel López Varela, apostou tamén por implicar as distintas administracións e valorou "os proxectos como este que abranguen todo o territorio porque son bos para a comarca no seu conxunto e, polo tanto, hai acordo para seguir intentándoo até conseguilo". 

Pola súa parte, o embaixador da candidatura, David Blanco, apuntou que "a potencialidade da zona é inmensa e as ondas de moita calidade, con zonas naturais moi conservadas que marabillan a quen as visita co cal existe unha grandísima oportunidade que vai achegar moito á xente deste territorio". Defendeu tamén a necesidade de considerar as ondas "como un patrimonio de valor incalculábel, que nos permiten gozar delas e tamén dan riqueza económica".

 

 

Comentarios