Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Resultados da última e intensa fin de semana completa de #futboldacosta

Resultados da última e intensa fin de semana completa de #futboldacosta

Tremendamente intensa a fin de semana de #futboldacosta, a última completa. I é que hoxe remataban as 1ª, 2ª, 3ª, a Liga Xuvenil emais as de cadetes e infantís. Se ben a Copa da Costa toma o relevo, a tensión aínda seguirá con nós varias semanas co final da Preferente e con todos os ascensos por decidir.
Cómpre destacar como afecta a avalancha de partidos, e as goleadas espectaculares dan conta.

E trala intensa xornada copeira e xuvenil (hoxe traeremos as crónicas desa ida dos Oitavos e o martes as crónicas completas da agónica última xornada xuvenil e das semis de Copa), facemos repaso á xornada deste domingo 13 de maio de 2012.

E comezamos pola Preferente, chea de tensión pois os Soneira e Xallas seguen inmersos na loita por manter a categoría. Pero esta semana, se ben o Xallas non podía co potente Boiro, houbo boas novas para os nosos. O Soneira gañaba en Viveiro e daba un salto enorme. Ademais o Santa Comba facía un favor a ambos vencendo ao Mugardos, e o Bergan e Coruxo salvaron a categoría polo que os nosos respiran un pouco máis.
Así e todo, o Xallas ocupa agora a 5ª praza por abaixo, que pode ser pasto do descenso, e dependerá da promoción de ascenso de 3ª. De tódolos xeitos, o Xallas terá que intentar superar ao Santiago nas dúas últimas xornadas, pois só un punto os separan. Iso si, o Santiago, que hoxe colleitaba unha sorprendente, pero esperada, vitoria ante os seus veciños de Grixoa por 0-3, xoga a semana que vén co Compostela, e cómpre lembrar que o ano que vén van unificar categorías inferiores.

Acabou a tempada na sen máis interese, e os Cee e Ponteceso xa se poden centrar na Copa.

Pendentes dos ascensos na Liga da Costa

Rematou a tempada para moitos da Liga da Costa, pero a incertidume segue aberta por arriba. Club do Mar, Camariñas e Corme copan os 3 postos de ascenso directo. O Club do Mar non ten dúbidas, e o Camariñas está asinando a renovación de Pepucho e de boa parte do plantel para unha temporada que vén en 1ª.
O que non o ten nada claro é o Corme, que hoxe non celebraba o ascenso no campo de San Pedro. I é que o cadro cormelán non ve con bos ollos o ascenso a unha liga santiaguesa, e prefire quedar na súa Liga, a Liga da Costa. Outra cousa sería se o ascenso fóra á zona da Coruña, onde a marea azul non o dubidaría.

Deste xeito, posiblemente e a falta da confirmación do rexeitamento do Corme, será o Fisterra o que ascenda directamente. Ademais, é máis que posible que a seguinte praza sexa de promoción, e sería o Malpica o que tería que xogar contra Lamela e Brión, (4º das outras 2ª da zona santiaguesa) os que por unha praza máis na 1ª.

En tamén se decidían 2 prazas de promoción, e finalmente serán Volantes e Montelouro, os que mellor o tiñan, os que xogarán polo ascenso con Cabana e Cerqueda.

E xa falamos onte dos xuvenís, e o faremos por completo o martes. Pero cómpre fecilitar ao Baio e ao Malpica, pola clasificación á Fase de Ascenso á Liga Galega, e ao Cabana e ao Zas na final da Copa.
E felicitamos tamén a Cee, Dumbría B, Mazaricos e Ponteceso pola súa gran campaña.

Preferente, xornada 36

S.D. Compostela 6-4 Dumbría
Boiro 3-1 Xallas
Viveiro 1-2 Soneira
Santa Comba 3-1 Gal. Mugardos

1ª Autonómica, xornada 34

Ponteceso 2-2 Estudiantil
Imperator 1-1 Cee

2ª Autonómica, xornada 34

Zas 5-5 Dumbría B
San Lorenzo 1-2 Fisterra
Mazaricos 4-5 Malpica
Nantón 0-1 Club do Mar
Castriz 1-3 Corme
Corcubión 2-5Sofán
O Pindo 2-8 Camariñas
Esteiran6-1 Muros
Buño 1-2 Baio

3ª Autonómica, xornada 38

Indep. Carballo 4-3Camelle
Soneira B 4-2Fisterra B
Cerqueda 1-2 Carnota
Alcaián 2-1 Lira
Porteño 3-1 Laxe
Outes 6-0Xaviña
Montelouro 3-0 Muxía
Volantes 4-2Atl. Pereiriña
Corcoesto 1-6 Cabana

Copa da Costa, ida dos Oitavos

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 14

Camariñas 2-3 Soneira
Cee 2-3 Baio
Corcubión 3-2 Santa Comba
Malpica 2-3Dumbría B

Copa da Costa Xuvenil, ida das Semis

2ª Cadete, xornada 34

Zas - Malpica
Camariñas 6-1 Muxía
Outes - Ponteceso
Cee - Fisterra
Muros 0-3 Esteirana
Cabana -Coristanco
Soneira 1-4Dumbría
Santa Comba - Porteño

2ª Infantil, xornada 34

Santa Comba -Ponteceso
Coristanco -Cee
As Baleas 0-8 Con. de Carnota
Baio - Fisterra
E.D. Os Miudos - E.M.F. Vimianzo
Muxía - Cabana
Dumbría 8-0 Esteirana

Copa da Costa de Veteranos, volta dos Dezaseisavos

Máis información

Máis novas

Crónicas da semana

Fonte

Comentarios