Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Resultados do fútbol da Costa

Resultados do fútbol da Costa
Nova xornada completa de fútbol costeiro. Con resultados para todos os gustos. E coma sempre comezamos pola Preferente, onde o Soneira sumaba un puntiño máis, o que implica un puntiño menos para a salvación. O Cee reafírmase como líder na 1ª Autonómica tras vencer ao Imperátor e alonxalo a 5 puntos. Os de Pato volveron demostrar que van en serio. Tampouco decae o Xallas que conseguía un puntiño nun campo difícil como o do Sada, ao que mantén 2 puntos por debaixo. O Dumbría tamén empataban ante o Estudiantil e se mantén a unha lixeira diferencia. Pola súa banda o Zas segue formando xuvenís mentres os resultados seguen sen acompañar. Na Liga da Costa marchan os dous de arriba. As derrotas de Club do Mar e Muros deixan a Ponteceso e Camariñas sós arriba. I é que a xornada estivo marcada polo encontro en Miraflores, onde ata fixo falta a presencia da Guarda Civil para xogar a segunda metade. Por abaixo, as derrotas dos colistas non fan máis que afundilos no pozo da táboa. Buño e O Pindo empataban e co empate do Porteño ante o Baio as cousas quedan igual. Iso si, o Corme escapa lixeiramente tras vencer, a pesar das baixas, ao San Lorenzo. A xornada da , o máis destacable foi o tropezo do Mazaricos que deixou 2 puntos na casa ante o Laxe, e queda empatado co Corcubión na 2ª praza. O Nantón goleou en Muros e volve ser líder, mentres que o Corcubión batía onte contra o Alcaián. O Cerqueda tampouco quere perder coba e vencía en Corcoesto con comodidade. Cabana e Coristanco miran a 10 puntos de distancia.

Preferente, xornada 26

Outeiro de Rei 1-1 Soneira

1ª Autonómica, xornada 22

Zas 1-3 Calo
Cee 1-0 Imperator
Estudiantil 0-0 Dumbría
Sada 0-0 Xallas

2ª Autonómica, xornada 22

Carnota 0-2 Camariñas
Club do Mar 1-2 Castriz
Muros 0-3 Ponteceso.
Corme 3-1 San Lorenzo
Dumbría B 2-0 Esteirana
Vimianzo 2-3 Fisterra
Buño 1-1 O Pindo
Porteño 1-1 Baio
Sofán 2-0 Malpica

3ª Autonómica, xornada 22

Corcubión 3-0 Alcaián
Cabana 3-0 Lira
Xaviña 1-3 Outes
Mazaricos 0-0 Laxe
Corcoesto 0-4 Cerqueda
Coristanco 4-2 Atl. Pereiriña
Nantón 7-1 Muros B
Muxía 1-1 Indep. Carballo

Liga Nacional Xuvenil, xornada 20

Bergantiños 0-7 Celta B

Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 16

Soneira 7-1 Esteirana
Cee 2-2 Mazaricos
Fisterra 3-3 Corcubión
Muros 5-0 Dumbría
Outes 1-6 Santa Comba

Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 20

Camariñas 1-1 Cabana
Malpica 1-1 Coristanco
Corme 4-1 Bergantiños B
Muxía 1-6 Dumbría B
Ponteceso 1-0 Baio

Liga Galega Xadete, xornada 19

Rayo Sadense 3-4 Bergantiños
Santa Comba 2-1 Betanzos

Segunda Cadete, xornada 18

Soneira 2-3 Ponteceso
Muros 2-3 Cee
Outes 1-1 Con. de Carnota
Cabana 5-3 Malpica
Baio 2-2 Esteirana
Fisterra 2-2 Corme
Dumbría 2-1 Bergantiños B

Segunda infantil, xornada 14

E.D. Os Miudos 0-5 Cee
Outes 3-1 E.M.F. Vimianzo
Cabana 4-3 Coristanco
Bergantiños B 3-1 Santa Comba
Zas 2-4 Baio
Con. de Carnota 2-6 Esteirana
Dumbría 12-0 Muxía

Ligas de Veteranos, xornada 19

1ª División

Vimianzo 2-1 Zas
San Román 1-0 Nantón
At. Milagrosa 2-1 Bértoa
Bergantiños 2-2 Corcubión Vet.
Castriz 1-1 Ponteceso
Camariñas 2-2 Cabana
Baio 0-0 Xv. Bergantiños

2ª División

Sofán 1-1 Malpica
Club do Mar 1-1 Dep. Carballo
Agualada 0-2 Cerqueda
Buño 1-1 San Lorenzo
Coristanco 1-3 Porteño
Corcoesto 4-5 Corme
Leiloio 1-5 Muros

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios